O CERMI anima a recuperar o dereito de voto ás persoas con discapacidade privadas do mesmo

voto

A través da guía práctica ‘Tes dereito a votar: que ninguén cho quite’

Información extraída de Servimedia.

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) anima a recuperar o dereito de voto ás persoas con discapacidade, fundamentalmente con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e persoas con enfermidade mental, que sexan privadas deste dereito por sentenza xudicial de incapacitación. Segundo datos da Fiscalía Xeral do Estado, en España hai 80.000 persoas privadas do dereito de sufraxio por sentenza xudicial.

Co título Tienes derecho a votar: que nadie te lo quite, o Cermi acaba de editar unha guía práctica en lectura fácil que orienta ás persoas con discapacidade ás que se lles arrebatou o dereito de voto sobre os pasos a dar para recobralo e “gozar así dun dereito fundamental que asiste a calquera ser humano”.

Na guía, o CERMI recorda que a lexislación electoral española permite aos xuíces anular o dereito de determinadas persoas con discapacidade a exercer o voto, o que “supón unha gravísima violación dos dereitos humanos máis básicos do ser humano”.

Ata que se consiga modificar a lei electoral neste punto, “absolutamente incompatible coa Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de Nacións Unidas”, o CERMI invita a toda persoa con discapacidade privada do dereito de voto a que inste a revisión da sentenza de incapacitación para recobrar a plenitude do seu dereito político de sufraxio.

Para conseguir este obxectivo, a guía editada polo CERMI ofrece información práctica paso a paso do proceso que hai que seguir para recuperar un dereito “que ningunha persoa con discapacidade tería que perder”.

A guía pódese descargar nesta ligazón: Tienes derecho a votar: que nadie te lo quite.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s