Un usuario de Alento poderá comunicarse coa tablet conseguida por Cruz Vermella

tablet

A campaña ‘Agora + que nunca’, da Cruz Vermella, continúa dando os seus froitos, especialmente para as persoas afectadas por dano cerebral, coas que está habendo unha enorme solidariedade. Se o luns se conseguían 700 euros para mercar unha cama, esta mañá un usuario de Alento conseguiu unha tablet coa que poderá comunicarse despois de ter sufrido un ictus.

O proxecto solidario da Cruz Vermella conta con dúas vertentes: por un lado, as solicitudes de microdonacións económicas, e, polo outro, as demandas concretas de obxectos. Neste último apartado inscríbese a socilicitude dunha tablet para André, un usuario da asociación de dano cerebral de Vigo, Alento. André sufriu un ictus que lle paralizou medio corpo e que lle impide comunicarse con facilidade, algo que vai conseguir grazas á tablet, nova do trinque, que lle donaron hoxe.

‘Agora + que nunca’ é unha campaña pensada para paliar os efectos da crise económica entre as persoas con máis risco de exclusión social. Calquera pode axudar, economicamente ou a través da cesión de obxectos que xa non precise, e que se demandan na web Agora + que nunca.

Advertisements

One response to “Un usuario de Alento poderá comunicarse coa tablet conseguida por Cruz Vermella

  1. Pingback: Unha persoa con dano cerebral da Coruña precisa unha tablet para comunicarse | FEGADACE·

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s