As mulleres con discapacidade poderán usar o servizo telefónico para vítimas de violencia de xénero

lazovioleta

As mulleres con discapacidade auditiva e visual, así como as que non saiban falar castelán, poderán usar desde este ano o servizo de telefonía móbil ATENPRO para vítimas de violencia de xénero. Cruz Vermella Española conseguiu a adxudicación deste servizo tralo preceptivo concurso convocado a mediados do ano pasado, e como consecuencia diso, incorporáronse unha serie de melloras.

Información extraída de Socialia.

Segundo informa o Ministerio de Sanidade, máis de 9.400 mulleres estaban en alta no servizo ATENPRO a finais do ano pasado, o que revela que se trata dun operativo ao que recorren as mulleres para afrontar a superación dos malos tratos. É un teléfono móbil ao que a persoa afectada pode recorrer en calquera momento, as 24 horas dos 365 días do ano, para efectuar a consulta que estime pertinente. Se a situación da muller fose grave, o servizo ATENPRO activaría os medios materiais e humanos necesarios.

Tralo preceptivo concurso, a adxudicación do servizo recaeu o ano pasado en Cruz Vermella Española, polo que a partir de 2013 será esta entidade a que xestione ATENPRO. Con motivo do cambio de titularidade incorporáronse unha serie de melloras que, sen dúbida, permitirán abrir o abanico de usuarias.

Entre elas, e como colectivos esenciais, as mulleres con discapacidade auditiva, grazas a diferentes aplicacións instaladas nos terminais Android e Nokia, e as mulleres con discapacidade visual, a través de instrumentos como lectores de pantallas ou aumentadores.

Ademais, as mulleres que non saiban castelán ou algunhas das linguas oficiais dispoñerán dun servizo de tradución simultánea todos os días do ano.

Tamén se engadiron melloras meramente técnicas para lograr que poida empregarse ATENPRO en zonas con problemas de cobertura telefónica, ou en situacións nas que non funciona o operador principal e é necesario recorrer a outros.

Os terminais ATENPRO entregaranse nos centros de servizos sociais dos entes locais, pero a partir de agora tamén se poderán conseguir nas oficinas que Cruz Vermella ten polo territorio nacional.

Outras das novidades técnicas consiste en ofrecer a opción ás usuarias de ATENPRO de engadir ao seu teléfono móbil habitual o software do servizo para as vítimas de Violencia de Xénero. Así evitaría portar dous terminais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s