Mensaxes de texto incomprensibles, posible signo de accidente cerebro vascular

sms

Información extraída de neurologia.com.

Ante textos incomprensibles, é obvio que algo non funciona ben no cerebro. Un recente estudo suxire que os rexistros dixitais (mensaxes de texto de teléfonos móbiles), de uso crecente, poden transformarse nunha ferramenta cada vez máis importante para identificar as enfermidades neurolóxicas, en especial nos grupos de pacientes que utilizan máis a comunicación escrita que a oral. Os autores describen este fenómeno como ‘distexia’, un término utilizado en casos anteriores de migraña e síntomas de accidente cerebrovascular (ACV) diagnosticados por outros motivos.

Os autores abordan o caso dunha muller de 25 anos, embarazada de 11 semanas, que enviara ao seu marido mensaxes de texto incomprensibles e debeu ingresar por signos de ACV, como desorientación, imposibilidade de usar o brazo e a perna e dificultade para falar. Unha resonancia magnética revelou que unha parte do cerebro non recibía sangue suficiente.

A distexia será entón un signo cada vez máis común para detectar os ACV e un valioso agregado á información que os neurólogos deben obter cando elaboran unha historia clínica. Os principais signos de alarma dun ACV asociados coa escritura serían o uso de frases incomprensibles ou problemas para ler ou comprender os textos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s