Condución e ictus

stop

Por:

Jaime Masjuan. Coordinador do Grupo de Estudo de Enfermidades Cerebrovasculares. Unidade de Ictus do Hospital Ramón y Cajal (Madrid).

Información extraída de medicosporlaseguridadvial.com.

As enfermidades cerebrovasculares (tamén chamadas ictus), constitúen a primeira causa de dependencia e discapacidade adquirida no adulto en España. En contra da idea comunmente aceptada de que é unha enfermidade que só afecta a persoas de idade avanzada, cada vez máis as Unidades de Ictus atenden a pacientes por baixo de 65 anos. Malia que os avances no tratamento do ictus fan que a discapacidade destes pacientes cada vez sexa menor, existen moitos pacientes que, tras sobrevivir ao ictus, deben iniciar un longo proceso de rehabilitación que os volva introducir na súa vida laboral e social.

A condución do vehículo na nosa sociedade pode chegar a ser moi importante desde o punto de vista social e laboral. Supón, ás veces, o medio imprescindible para recuperar o estilo de vida anterior, incluído o posto laboral. A negativa a poder conducir ten frecuentemente un gran impacto negativo sobre a súa autoestima, co que se debe contrarrestar fronte ás posibles discapacidades que lle impidan conducir dun modo seguro.

O sufrir un ictus supón un risco vial polos déficits que pode ocasionar: hemiplexia, alteracións do campo visual, mala orientación espacial, lentitude de reflexos, dificultades de atención, dificultade para ler ou interpretar signos ou deterioro intelectual. Moitas veces o paciente non recibe información sobre a posibilidade de volver conducir e as súas habilidades non son evaluadas, sendo frecuente que as habilidades alteradas sexan infravaloradas ou ignoradas polo paciente e os seus cuidadores facendo que o paciente retome a condución. O equipo asistencial debe informar aos pacientes que o queiran sobre as posibilidades de volver conducir, e os pacientes teñen a obrigación de actuar segundo estes consellos.

Ademais, existe un risco vial pola posibilidade de volver sufrir un novo ictus ao volante, así como polos efectos secundarios da terapia farmacolóxica que estea recibindo o paciente. Todas estas cuestións deben valorarse á hora de decidir sobre a capacidade de condución do paciente.

Admítese que, tras un ictus, o paciente non debe conducir de entrada durante os primeiros 6 meses en espera da súa recuperación, debendo aportar un informe do neurólogo no que conste a ausencia de secuelas. Se tivese secuelas neurolóxicas, e estas non impedisen a obtención ou prórroga do permiso de conducir, precisará un informe favorable do especialista e limitarase o período de vixencia como máximo un ano. Con todo, cada vez máis os nosos pacientes son dados de alta sen secuela das Unidades de Ictus. Por iso, deben ser valorados como os ictus transitorios no sentido de evaluar o grado de posibilidade de ter un novo ictus debendo aportar un informe favorable dun neurólogo no que se faga constar a ausencia de secuelas.

Os pacientes cun ictus establecido e que queiran volver conducir, deben ser sometidos a unha avaliación da súa capacidade de condución segura. A avaliación médica de condutores discapacitados físicos realízase como para o resto de condutores en centros de recoñecemento autorizados, efectuándose de forma non especializada. Os déficits físicos residuais poden imposibilitar a condución do vehículo. Con todo, a condución é unha actividade moi complexa na que tamén interveñen outras capacidades cerebrais como son as sensoriais (visuais e auditivas), atención, a memoria e a orientación. Se existisen secuelas permanentes deberanse evaluar co fin de ver se se poden corrixir con certas adaptacións do vehículo. Con todo, hai unha serie de síntomas que se son persistentes e graves impiden a condución, como son a existencia de crises epilépticas acaecidas tralo ictus, a cegueira cortical ou as alteracións do campo visual (hemianopsias) ou a visión dobre.

Para poder conducir estes pacientes deben poder participar en actividades comunitarias sen necesidade de supervisión, transferirse sen axuda dentro e fóra do vehículo, poder realizar varias tarefas simultaneamente, seguir instrucións verbais ou escritas simples sen necesidade de axuda ou de apoio xestual, entender términos relativos á posición e dirección, coñecer as normas de circulación e comprender os sinais de tráfico.

As adaptacións dos vehículos para superar un déficit físico deben ser seguidas dun adestramento teórico e práctico nas técnicas empregadas para volver conducir un vehículo sen comprometer a seguridade vial. Para facelo, en último término, será preciso obter ou revalidar o permiso ante a autoridade competente. O paciente debe adquirir as adaptacións recomendadas e facelas instalar no seu coche. Posteriormente ha de pasar a Inspección Técnica de Vehículos antes de poder ir a unha autoescuela e adestrarse de novo. Para validar o permiso de condución de quen xa o tiña non é necesario superar un novo exame teórico, pero si un práctico. A discapacidade e todos os detalles de calquera adaptación realizada deben declararse á Compañía de Seguros do Automóbil para non invalidar a cobertura da póliza. Non se deben dar nin prorrogar carnets de conducir ás persoas que padezan algún déficit que poida comportar unha incapacidade funcional que comprometa a seguridade vial ao conducir, agás se a persoa interesada aporta un dictame facultativo favorable.

A Guía de Práctica Clínica para o manexo do paciente con ictus en Atención Primaria establece as seguintes recomendacións aos pacientes con ictus:

  • Recomendarase a aqueles pacientes que tras un ictus presenten secuelas que poidan interferir coa condución, que eviten conducir e comuniquen o seu estado á Dirección Xeral de Tráfico.
  • Recoméndase que aqueles pacientes que queiran retomar a condución sexan evaluados nun centro psicotécnico acreditado.
  • Informarase a aqueles pacientes que desexen obter ou prorrogar o permiso de condución sobre a normativa, que esixe demostrar polo menos seis meses libres de sintomatoloxía neurolóxica e a necesidade de presentar informe favorable do especialista no caso de que presente secuelas. Informarase ademais de que se limitará o periodo de vixencia a un ano máximo. Os pacientes que sufran AITs recurrentes serán informados de que non poderán obter ou prorrogar o seu permiso de condución.

Non queriamos finalizar este documento sen recordar aos pacientes discapacitados que puideron volver conducir a posibilidade de solicitar unha tarxeta do seu concello que os acredite como “minusválidos” para poder estacionar o vehículo nas prazas reservadas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s