Unha persoa con dano cerebral da Coruña precisa unha tablet para comunicarse

tablet

A colaboración de FEGADACE coa Cruz Vermella no proxecto ‘Agora + que nunca’ continúa cunha nova demanda. Un usuario de Adaceco, a Asociación de Dano Cerebral da Coruña, necesita unha tablet para poder comunicarse. Esta persoa sufriu un accidente cerebrovascular que lle dificulta a comunicación verbal, obstáculo que pode salvar empregando unha tablet.

O proxecto ‘Agora + que nunca’ foi concibido para paliar as peores consecuencias da crise económica nas persoas con máis risco de exclusión social. O colectivo de persoas con discapacidade é un dos máis afectados pola crise debido ao escenario de recortes en servizos e prestacións sociais. A colaboración con Cruz Vermella xa deu os os seus froitos coa consecución dunha cama articulada e dunha tablet para dúas persoas con dano cerebral de Vigo.

Desta volta, precisamos unha tablet para unha persoa con dano cerebral da Coruña: axudádesnos a conseguila?

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s