Afastámonos do Estado social

dependencia

Artigo extraído de El País.

Fai só dez anos, cando unha persoa estaba en situación de dependencia atopábase ante un panorama moi complicado. A Administración atendía, case exclusivamente, a algúns dos menos favorecidos economicamente, as listas de espera eran enormes e para moitos, eternas. As persoas das clases medias debían intentar atopar recursos nun mercado escaso, caro e, en demasiadas ocasións, de baixa calidade. A miúdo, o diñeiro do que dispoñían non alcanzaba para o pago dos recursos privados existentes.

A Lei da Dependencia veu abrir unha importantísima porta á esperanza para centos de miles de persoas. Creaba un sistema que recoñecía dereitos subxectivos, baixo os principios de universalidade (para todos) e de responsabilidade pública (poñía baixo o paraguas do Estado os recursos que voluntariamente puxese a disposición da Administración a iniciativa privada).

Estes dous últimos principios poden estar correndo un serio risco na actualidade como consecuencia de dous tipos de presión que o sistema sofre cara á súa privatización. A primeira presión consistiría en propoñer a aplicación do criterio neoliberal que considera que os riscos da vida das persoas deben ser sufragados polos seus propios medios. Así o expresaba José Barea, director da oficina orzamentaria do presidente Aznar, no ano 2003: “A protección á dependencia satisfai unha necesidade privada; xa que logo o financiamento debe ser privado”. Unha alternativa que non parece moi afastada se se len as conclusións dun artigo asinado polo actual director xeral do Imserso en novembro de 2012, na revista Actas da Dependencia da Fundación Caser, no que conclúe a necesidade de reflexionar sobre o desenvolvemento de “instrumentos privados para a cobertura da dependencia”.

O segundo risco é máis concreto pero non menos perigoso. Trátase do estreitamento do catálogo de prestacións ata converter a prestación vinculada ao servizo [prestación económica para que o cidadán sufrague o servizo prestado] en prácticamente a única posibilidade. A prestación da contorna familiar convértese en irrelevante e na práctica, durante o último ano, os servizos de responsabilidade pública postos a disposición dos cidadáns, non fixeron senón diminuír no seu número. Esta situación pode converter aos cidadáns en prisioneiros dunha situación pouco desexable: deben buscar o recurso que poidan pagar coa suma do diñeiro que se lles ofreza e os seus ingresos (poden non atopalo) e os centros poderán realizar, na práctica, unha selección dos usuarios. Desaparecerían de feito a universalidade e a responsabilidade pública. Estariamos ante o clásico cheque-servizo só que baixo outra denominación e aparencia.

De confirmarse esta deriva, que se sumaría aos recortes xa sufridos, os servizos sociais resultantes afastaríanse do concepto de Estado social.

Joaquín Santos Martí é traballador social e acaba de publicar El cuarto pilar. Un nuevo relato para los servicios sociales.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s