FEDACE publica ‘DCA na familia. A atención a nenos e adolescentes’

cuadernos_fedace

Información extraída de FEDACE.

A Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE) publicou o número 14 da colección ‘Cadernos FEDACE sobre dano cerebral’, froito do traballo realizado por 23 profesionais do movemento asociativo do DCA en dous talleres celebrados en 2012. O programa talleres FEDACE sobre DCA permitiu, por oitavo ano consecutivo, que os profesionais das asociacións federadas poñan en común prácticas de atención ao dano cerebral e xeren coñecemento sobre o mesmo. En 2012 realizouse un taller sobre a atención a nenos e adolescentes que foi coordinado por Consuelo Escudero, psicóloga clínica coordinadora do programa de atención á saúde mental de nenos e adolescentes do Servizo de Saúde Mental de Getafe; e por María Teresa Almendro, psicóloga clínica no Servizo de Saúde Mental de Alcobendas – San Sebastián de los Reyes.

O Caderno recolle as conclusións deste taller propoñendo intervencións axustadas ás necesidades dos nenos, adolescentes e as familias: o DCA desestabiliza e rompe a estrutura familiar; como puidemos ver no Caderno FEDACE nº 9, Familia e Dano Cerebral Adquirido, pero sempre que se analiza este problema ponse o foco nas figuras da persoa con DCA e da coidadora principal. Os nenos e adolescentes que conviven en contornas familiares con DCA son vítimas caladas que non entenden os cambios na persoa querida, nin aceptan unha nova situación no grupo que, no mellor dos casos, supón unha perda de protagonismo.

A publicación está dividida en tres partes. A primeira ofrece un marco de referencia sobre as familias e os nenos de hoxe en día, en canto á súa tipoloxía, estrutura e respecto das necesidades dos nenos e adolescentes ao longo do desenvolvemento madurativo. A segunda parte analiza o impacto do dano cerebral na familia e nos nenos e adolescentes; propoñendo un modelo de intervención sobre este colectivo e relatando casos prácticos. A última parte serve para realizar unha síntese do tratado no caderno.

Así, DCA na familia. A atención a nenos e adolescentes resultou ser un achegamento aos membros máis novos das familias con dano cerebral; cunhas conclusións que poden ser de interese e aplicables a outras discapacidades nas que a situación do colectivo é similar.

O Caderno está dispoñible para descarga na web de FEDACE; na sección descargas / Cadernos FEDACE.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s