FEDACE e SEMERGEN colaborarán para mellorar a atención ao DCA

Jose Luis Llisteri (presidente de SEMERGEN) e Amalia Diéguez (presidenta de FEDACE) trala sinatura do convenio.

Jose Luis Llisteri (presidente de SEMERGEN) e Amalia Diéguez (presidenta de FEDACE) trala sinatura do convenio.

Información extraída de FEDACE.

A Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria (SEMERGEN) e a Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE) asinaron un convenio de colaboración para realizar accións de formación e investigación conxuntas. Na firma do convenio estiveron presentes o Dr. Jose Luis Llisteri; presidente de SEMERGEN, e Amalia Diéguez, presidenta de FEDACE; que se mostraron satisfeitos co acordo, xa que permitirá que os profesionais de atención primaria coñezan mellor o Dano Cerebral Adquirido (DCA) e que as familias das persoas con DCA reciban máis e mellor información sobre a súa situación.

O convenio contempla accións conxuntas de formación, actividades de investigación e a celebración de seminarios, cursos e conferencias sobre temas de interese común. Ademais, FEDACE colaborará en todas aquelas actividades que persigan un mellor coñecemento da atención primaria e que supoñan unha mellora na formación dos seus profesionais respecto ao dano cerebral. Pola súa banda, SEMERGEN apoiará as actividades que promovan a eficiencia na continuidade asistencial das persoas con DCA.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s