Obama pon en marcha un mapa completo do cerebro humano

Unha resonancia magnética do cerebro humano.

Unha resonancia magnética do cerebro humano.

O Goberno de Estados Unidos prepara un un mapa da actividade do cerebro humano.

Os científicos esperan que o financiamento sexa duns 200 millóns de euros ao ano.

Información extraída de El País.

A administración de Obama está preparando un proxecto, que durará aproximadamente unha década, para examinar como funciona o cerebro humano e construír un mapa da súa actividade. A iniciativa busca facer o mesmo que o Proxecto Xenoma Humano fixo pola xenética.

Axencias estatais, fundacións privadas e equipos de neurocientíficos e nanocientíficos traballarán xuntos para descubrir o funcionamento das millóns de neuronas que ten o cerebro e obter unha mirada máis ampla da percepción, as accións e, en última instancia, a consciencia. O plan farase público a principios de marzo.

Os científicos máis optimistas ven este proxecto como unha forma de desenvolver a tecnoloxía necesaria para comprender enfermidades como o alzhéimer e o párkinson. Os detalles aínda non se concretaron e non está claro canto diñeiro do Goberno será proposto ou aprobado. Tampouco se sabe o lonxe que pode chegar a investigación sen o financiamento federal.

Obama citou a investigación do cerebro como un exemplo de como o Goberno debería “investir en mellores ideas”. “Cada euro que investimos no mapa do xenoma humano devolveu 100 euros á nosa economía”, di. “Os nosos científicos están facendo un mapa do cerebro humano para atopar respostas ao alzhéimer. Están desenvolvendo medicamentos para rexenerar órganos danados e desenvolvendo novos materiais para facer baterías 10 veces máis poderosas. Agora é o tempo para investir en ciencia e innovación”.

Un portavoz da oficina de Ciencia e Tecnoloxía da Casablanca rexeitou falar sobre o proxecto. Se a iniciativa é exitosa podería impulsar a economía. “O proxecto do xenoma humano estivo valorado nuns 200 millóns de euros cada ano durante unha década”, dixo George Church, un biólogo molecular que axudou a crear a iniciativa.

Os científicos involucrados dixeron que esperan que o financiamento federal sexa de máis de 200 millóns de euros cada ano. Se é aprobada polo Congreso, serían en total uns dous mil millóns de euros durante os 10 anos.

O Proxecto Xenoma Humano custou uns tres millóns de euros. Comezou en 1990 e o seu propósito, que era o de facer un mapa completo do xenoma humano, foi alcanzado antes de tempo, en abril de 2003. Un estudo do Goberno federal sobre o seu impacto sinalou que para 2010 retornara uns 700 millóns de euros.

A chegada de nova tecnoloxía que permite aos científicos identificar neuronas no cerebro levou a crear numerosas investigacións sobre o cerebro ao redor do mundo. Malia iso, continúa sendo un dos misterios científicos máis grandes.Composto por uns 90 millóns de neuronas, o cerebro humano é tan complexo que os científicos apenas atoparon a forma de rastrexar a actividade dun pequeno número de neuronas á vez e na maioría dos casos fíxose dunha forma invasiva con probas físicas.

Pero un grupo de nanocientíficos cren que as tecnoloxías están dispostas para facer posible a observación e gañar un maior entendemento do cerebro humano, e dunha forma menos intrusiva.

En xuño, na revista Neuron, seis científicos propuxeron perseguir unha serie de métodos para facer o mapa de cerebro humano. Unha posibilidade é construír un mapa completo da actividade do cerebro, creando unha flota de moléculas para que actúen de forma non invasiva como sensores e así poder medir a actividade do cerebro a un nivel celular. A proposta prevé a utilización do ADN sintético como un mecanismo de depósito para a actividade cerebral. “Esperamos comprender mellor enfermidades como a esquizofrenia e o autismo”, escribiron varios dos científicos que crearon o proxecto.

A iniciativa de Obama é significativamente diferente do proxecto da UE no que se investirá un millón de euros para construír un cerebro electrónico. A investigación busca construír un súper ordenador simulado, usando a mellor investigación sobre o funcionamento interno do cerebro. Os críticos, pola súa banda, din que esta simulación supón un coñecemento que é teórico e incompleto.

A proposta de Obama parece ter evolucionado nunha forma similar á do proxecto de Xenoma Humano, insisten os científicos. “O proxecto do xenoma comezou a xestarse en 1984, onde moitos de nós nos moviamos nesa dirección de forma independente, pero non sabiamos que había persoas que eran igual de raras que nós”, dixo o doutor Church.

Como sexa, un gran número de científicos considera que facer un mapa do cerebro humano e comprendelo é un obxectivo máis ambicioso que o mapa do xenoma. “É diferente. Definir o obxectivo do proxecto do xenoma humano foi sinxelo. Neste caso, suscítasenos unha pregunta máis interesante sobre cales son os patróns de actividade cerebrais e, en última instancia, como logran que as cousas ocorran”, di o doutor Greenspan, outro dos científicos involucrados.

A iniciativa será organizada pola Oficina de Ciencia e Tecnoloxía. Os institutos de saúde, a Axencia de Defensa de Proxectos de Investigación Avanzados e a Fundación Nacional de Ciencia tamén participarán.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s