Dous terzos dos ictus chegan ao Hula tras máis de 9 horas de evolución

Corredor de urxencias do Hula (Hospital Universitario Lucus Augusti).

Corredor de urxencias do Hula (Hospital Universitario Lucus Augusti).

A dificultade dos afectados para recoñecer os síntomas impide o tratamento precoz de gran parte dos accidentes cerebrovasculares.

O estudo Iberictus revela que o centro lucense é o que ten a mortaldade intrahospitalaria máis elevada dos cinco analizados.

Información extraída de El Progreso.

A fiestra terapéutica -tempo no que o tratamento frea de forma efectiva a evolución do ataque- de gran parte dos ictus é de catro horas e media. A inmensa maioría dos lucenses que sofren un chegan ao hospital pasadas as nove horas desde que se iniciou, segundo indica o neurólogo Roberto Piñeiro, que achaca ese atraso á dificultade de moitos pacientes para identificar os síntomas.

Evidentemente, canto máis extenso, máis sinxelo de recoñecer ou, polo menos, de admitir certa gravidade. Ante a perda súbita de visión ou paralización dun lado do corpo -posibles síntomas de accidentes cerebrovasculares- respóndese cunha inmediata viaxe a Urxencias, pero outros máis leves ou transitorios pasan desapercibidos en ocasións ou non se actúa ante eles con rapidez. O doutor Piñeiro sinala por exemplo que poden darse problemas na fala ou a visión durante quince minutos, pasados os cales se recupera a normalidade, unha especie de aviso que moitas veces se ignora.

“Calculamos que só un terzo dos pacientes con ictus chegan ao hospital antes de que pasaran nove horas. Hai casos nos que, por exemplo, teñen problemas de visión e deciden esperar a ver se lles pasa. Efectivamente, pásalles, pero o ictus ocorreu e deberían ter buscado asistencia urxente canto antes. Tamén é certo que algúns ictus ocorren de noite. O paciente érguese mal, espera a recuperarse un pouco… cando chega ao hospital xa pasaron entre 12 e 18 horas do inicio dos síntomas”, explica.

O ideal é comezar a tratar os accidentes cerebrovasculares “desde o minuto cero”, insiste o doutor Piñeiro. Se se recorre ao 061, o persoal sanitario faino. Sen embargo, en Lugo o tratamento dos pacientes non comeza ata a súa chegada ao centro sanitario ou hospital. “Pode que sexa pola facilidade de acceso dos pacientes da área sanitaria, pero observamos que dous terzos dos que sofren un ictus chegaron ao hospital polos seus propios medios ou traídos por familiares”, apunta.

Iberictus

Co obxectivo de observar a evolución dos accidentes cerebrovasculares en España, a Sociedade Española de Neuroloxía promoveu Iberictus, un estudo epidemiolóxico que analizou durante un ano, o 2006, os casos de ictus atendidos en cinco puntos: Lugo, Segovia, Toledo, Almería e Palma de Mallorca. Os resultados -publicados recentemente- revelan que o de Lugo ten a mortaldade intrahospitalaria máis elevada de todos os centros estudados.

Aínda que o informe non especifica os motivos concretos, apunta que non se pode atribuír a que a poboación lucense teña unha proporción de tipo de ictus diferente á do resto de España, senón ou ben ao estado de saúde xeral dos pacientes ou ao feito de non contar con unidades específicas de ictus. O doutor Piñeiro apunta que pode deberse a un sesgo de idade. Moitos dos pacientes que ingresaban por accidente cerebrovascular nesa época facíano en Calde, que era tamén o centro no que se atopaba a pranta de Xeriatría, e moitos deses enfermos eran crónicos e pluripatolóxicos, o que pode contribuír a rexistrar unha maior mortaldade.

Incidencia: a área sanitaria de Lugo rexistra uns 800 accidentes cerebrovasculares cada ano

Iberictus inclúe a análise de 832 casos de accidentes cerebrovasculares en Lugo, unha cifra que resulta habitual, segundo o doutor Piñeiro.

A falta dun estudo sistemático e pormenorizado da evolución dos últimos anos, a visión dos especialistas é que o ictus é máis frecuente e baixa de idade. “A miña percepción é que aumenta moito. Vémolo en pacientes de entre 30 e 45 anos con certa frecuencia e, con moita, nos de entre 45 e 60 anos”, apunta.

Defende unha aproximación agresiva ao ictus, para salvar canto antes o máximo da área do cerebro danada e cre nos beneficios da posta en marcha de unha unidade de ictus e, preferentemente, dunha guardia específica de Neuroloxía.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s