O CERMI propón un fondo para asistencia a vítimas de accidentes de tráfico

accidente

Información extraída de Servimedia.

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) formulou ao Ministerio de Economía e Competitividade a creación dun fondo que permita financiar programas sociais de promoción da seguridade vial e prevención da accidentalidade, así como a asistencia a vítimas de accidentes de tráfico que, como consecuencia dos mesmos, adquiran discapacidades permanentes.

Segundo informou o CERMI nunha nota, este fondo, de nova creación, estableceríase no marco da revisión da lexislación reguladora do baremo de indemnización de accidentes de tráfico, en proceso de cambio nestes momentos por parte do Goberno, e viría dado polos recursos procedentes de impoñer unha porcentaxe mínima, destinada a este fin, a todas as primas de seguros de accidentes de vehículos.

Estas cantidades serían xestionadas polo Consorcio de Compensación de Seguros, entidade adscrita ao Ministerio de Economía e Competitividade, e distribuiríanse mediante convocatoria pública entre entidades non lucrativas de iniciativa social do ámbito da discapacidade para aplicalas a programas de prevención da sinistralidade, promoción da seguridade vial e asistencia a vítimas de accidentes que adquiran unha discapacidade por esta causa, con obxecto de conseguir a súa plena autonomía persoal e a súa reinserción social.

Con esta fórmula, indica o CERMI, “o sistema de seguro de accidentes de vehículos vería reforzada a súa dimensión social sen incremento do gasto público, ao aflorar novos recursos para a atención ás vítimas e ás súas familias”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s