Convenio entre Bankia e FEDACE en beneficio dos Programas de Apoio a Familias

bankia

A Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE) e Bankia asinaron un convenio de colaboración polo cal a federación recibirá o 50% dos beneficios obtidos polo uso das tarxetas ONG – Bankia que teñan por entidade beneficiaria a FEDACE. A federación recibirá en xaneiro de cada ano os ingresos obtidos, que irán destinados aos Programas de Información e Apoio a Familias de todas as entidades federadas.

Quen desexe colaborar só ten que solicitar a tarxeta na súa oficina Bankia ou en www.bankia.es, indicando que quere que a Federación Española de Dano Cerebral sexa a beneficiaria. Bankia facilitou un código co que a cota de alta da tarxeta será gratuita. A continuación pódese descargar unha carta de FEDACE na que aparece o código en cuestión, e o modelo de contrato das tarxetas, para que se poidan consultar as condicións das mesmas.

Carta co código

Contrato Tarxeta ONG FEDACE

Bankia conta cun programa de tarxetas ONG a través do que se asocia con diferentes entidades para establecer convenios de colaboración que aporten un 50% dos beneficios do uso das mesmas. Dando de alta a Tarxeta ONG FEDACE, con cada compra axúdase ao movemento asociativo do dano cerebral a manter o Programa de Información e Apoio a Familias.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s