Cruz Vermella consegue unha tablet para un usuario de Adaceco

tablet

A campaña ‘Agora + que nunca’, que está a desenvolver a Cruz Vermella para paliar o máis duro das consecuencias da crise económica, continúa dando os seus froitos. Hoxe conseguiron unha tablet para unha persoa con dano cerebral de Adaceco, a asociación de dano cerebral da Coruña.

Un grupo de traballadores e traballadoras de enfermería do CHUAC uniuse para recaudar o diñeiro e mercar a tablet, que se entregará nos próximos días ao usuario de Adaceco. FEGADACE agradece profundamente ao persoal de enfermería do CHUAC a súa aportación. Con ela vanse incrementar as posiblidades comunicativas desta persoa, afectada por dano cerebral a causa dun ictus, contribuíndo a mellorar e acelerar o seu proceso de rehabilitación.

Este é xa o terceiro logro da campaña para unha persoa con dano cerebral. Antes, Cruz Vermella conseguiu outra tablet, donada por BluSens, e unha cama articulada e un colchón antiescaras a través de crowdfunding.

‘Agora + que nunca’ comezou a súa andaina a finais de xaneiro e continúa, cada día, conseguindo obxectos para persoas con serios problemas económicos. As persoas con discapacidade, e en concreto as persoas con dano cerebral, atópanse en risco de exclusión social por causa dos recortes en prestacións, os copagos, e o aumento xeral do nivel de vida, polo que os logros desta campaña son moi importantes para o colectivo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s