O ictus, un terremoto que marchita o cerebro

José Antonio Vidal, ponente, e Luis Antonio García, organizador do acto.

José Antonio Vidal, ponente, e Luis Antonio García, organizador do acto.

Cada hora de atraso na atención neurolóxica dun accidente cerebrovascular supón un envellecemento cerebral de 4 anos.

Información extraída de La Nueva España.

O ictus podería compararse cun terremoto que causa danos irreparables no cerebro. Sucede cando o fluxo de sangue a unha parte do cerebro se detén. Hai dous tipos: os isquémicos (por obstrucción e debidos a tromboses ou embolias) e os hemorráxicos, por rotura, os comunmente coñecidos por derrame cerebral. “En España calcúlase unha incidencia duns 150 ictus por 100.000 habitantes e en Asturias roldamos os 163”, sentenciou onte o neurólogo José Antonio Vidal, con consulta no San Agustín [hospital de Avilés], durante unha conferencia que ofreceu organizada polo Club La Nueva España de Avilés.

Precisou que no centro sanitario avilesino aténdense ao redor de 250 accidentes cerebrovasculares ao ano e asegurou que o máis grave destes “ataques” son as consecuencias. É por isto imprescindible que se atendan estes casos de forma urxente, antes sempre de catro horas: cada hora de atraso na atención dun ictus o cerebro envellece catro anos. O accidente cerebrovascular é a primeira causa de morte en mulleres e a segunda en varóns. Só en Asturias falecen unhas 1.200 persoas ao ano por este motivo, cen delas ligadas á área sanitaria avilesina. “Outra consecuencia é a dependencia: o cincuenta por cento das persoas que sofre un ictus e sobrevive é dependente”, sentenciou, e incidiu que a nivel rexional estímase que hai ao redor de 8.000 dependentes, mil de Avilés.

“O ictus é a enfermidade máis prevalente no servizo de Neuroloxía por dependencia e secuelas”, sentenciou o especialista. Engadiu: “É moi importante coñecer os síntomas de alarma. Hoxe en día disponse de tratamentos fibrinolíticos, que vulgarmente podemos dicir que serven para desatascar a tubería. En Avilés non os hai, estes están no HUCA e Cabueñes. Por iso cando nós recibimos un caso debemos avisar ao 112 Asturias para activar código ictus”, manifestou Vidal. Destacou, así, a importancia de que o San Agustín contase cunha unidade destas características -proxecto paralizado pola crise económica- para atender a pacientes con cadros urxentes.

Os síntomas do derrame cerebral sempre xorden de forma súbita: entumecemento ou debilidade repentinos no rostro, brazos ou pernas, confusión súbita, dificultade para falar ou entender, dor de cabeza severa ou dificultade repentina para camiñar ou para ver cun ou ambos ollos. “Se o paciente acode a un hospital onde poida estar ben atendido a mortandade redúcese a unha terceira parte”, subliñou o médico. Incidiu nos factores de risco como fórmulas de prevención de ictus.

Aconsellou manter baixo control a hipertensión, a diabetes e o colesterol así como reducir ou eliminar o consumo de tabaco e alcohol. Recomendou tamén realizar polo menos media hora de exercicio ao día, evitar o sedentarismo e a obesidade e seguir unha dieta equilibrada. “A isto hai que engadir factores de risco menos coñecidos como o binomio tabaco e anticonceptivos que afecta a mulleres novas”, sinalou. O tratamento pasa, na maioría dos casos, por anticoagulantes e un tratamento rehabilitador a nivel motor e psicolóxico.

E o ictus ten réplicas? “Hai ictus momentáneos, que duran uns minutos e desaparecen. É moi importante detectalos e acudir ao médico. Outro tipo de ictus son aqueles que sofren, sobre todo, pacientes hipertensos e diabéticos. Estes non son moi rechamantes pero é imprescindible tamén levalos baixo control”, concluíu José Antonio Vidal.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s