Mulleres con discapacidade alertan de que a súa situación é “dramática” pola crise

discapacidade

Polo Día da Muller Traballadora, que se conmemora mañá.

Información extraída de Europa Press.

A Confederación Estatal de Mulleres con Discapacidade (CEMUDIS) alerta de que a súa situación é “dramática” como consecuencia da crise económica e pide ao Goberno que cumpra e faga cumprir a normativa nacional e internacional para non incrementar a precariedad e pobreza deste colectivo.

“O Estado de Benestar é unha importante conquista alcanzada a través da loita de moitas mulleres e moitos homes que nos precederon e que non debemos deixar que desapareza soamente porque se insista en que se trata dun modelo insostenible”, argumenta esta organización con motivo da celebración este venres do Día Internacional da Muller.

Por iso, insta aos dirixentes políticos de todos os niveis que removan os “obstáculos” existentes, sexan lexislativos ou sociais, para o “exercicio real” na igualdade de trato e de oportunidades para as mulleres con discapacidade.

Así mesmo, pide que se manteña unha rede de servizos públicos especializados en materia de prevención e tratamento de casos de violencia que teñan en conta a realidade das mulleres con discapacidade, que se garanta a existencia dun sistema sanitario universal, público e gratuito, “totalmente accesible” para as mulleres con discapacidade e un sistema público de pensións que permita a estas mulleres levar unha vida digna, sen ter que recorrer a modelos privados.

Para rematar, CEMUDIS pide ao Executivo que conte cos recursos necesarios para dar “plena efectividade” á Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, “alicerce fundamental para a emancipación e a vida independente das mulleres con discapacidade”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s