“Polo Pleno Exercicio dos Dereitos de Cidadanía das Mulleres con Discapacidade”

Ilustración de Leandro Lamas.

Ilustración de Leandro Lamas.

O Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), do que forma parte FEGADACE, publicou o manifesto que se reproduce a continuación con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora. Na Unión Europea, teñen discapacidade o 16% das mulleres. O CERMI reclama o pleno exercicio da cidadanía para todas elas.

O manifesto está extraído da web do CERMI.

8 de marzo
Día Internacional da Muller
Polo Pleno Exercicio dos Dereitos de Cidadanía das Mulleres con Discapacidade

Con motivo da designación de 2013 como Ano Europeo da Cidadanía, e tomando en conta que a expresión máxima da cidadanía europea atopámola na liberdade de circulación de persoas entre os países, así como no libre acceso ás institucións, sometendo o seu exercicio e alcance aos principios xerais do Dereito, como son os de non discriminación, proporcionalidade e protección de dereitos fundamentais;
Tendo en conta que o exercicio da cidadanía caracterízase pola participación activa da mesma na política, exercendo o dereito ao voto e á elixibilidade en procesos electorais;
Recordando que as nenas e mulleres con discapacidade representan máis da metade das persoas con discapacidade e máis do 16% das mulleres na Unión Europea, e que estas se enfrontan estendidamente á discriminación múltiple que, na práctica, constitúe unha violación seria e constante dos dereitos e as liberdades fundamentais de cidadanía das mulleres e nenas con discapacidade;
O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), a través de Comisión da Muller e da súa Rede Estatal de Mulleres, DEMANDA:

1.- Unha revisión da lexislación para garantir a non discriminación das nenas e as mulleres con discapacidade, adoptando todas as medidas de carácter lexislativo, administrativo, social e educativo necesarias para garantir o igual recoñecemento de todas as nenas e mulleres con discapacidade ante a lei e a súa capacidade xurídica como cidadás de pleno dereito, incluída o de tomar as súas propias decisións. Isto comprende decisións relativas á súa fertilidade, á maternidade, a establecer relacións, a ser propietarias e herdar bens, a controlar os seus propios asuntos económicos e a gozar do acceso, en igualdade de condicións coas demais persoas, a préstamos bancarios, hipotecas e outras modalidades de crédito financeiro, así como de exercer o seu dereito do seu sufraxio, activo e pasivo, e a participar na toma de decisións nos asuntos públicos.

2. O asegurar unha protección adecuada ás nenas e ás mulleres con discapacidade, fronte á violencia que poidan sufrir, e erradicar a incapacitación, a esterilización forzosa e o aborto coercitivo.

3. A necesidade de tomar as medidas necesarias para que as nenas e mulleres con discapacidade poidan gozar dun acceso verdadeiro á contorna física, ao transporte, á información e á comunicación e á comprensión, incluíndo as tecnoloxías e os sistemas da información e da comunicación, ou a outros ámbitos, bens e servizos abertos ao público ou postos a disposición do público; por exemplo, a atención sanitaria, tanto nas zonas urbanas como nas rurais.

4. O impulso de accións positivas a favor da contratación e permanencia no emprego das mulleres con discapacidade e das nais, coidadoras e asistentes non profesionais de persoas con discapacidade, mellorando a súa conciliación entre a vida laboral e a vida persoal, mediante medidas efectivas baseadas nas súas circunstancias específicas.

5.- O fomento da plena participación na vida política, impulsando medidas de acción positiva por parte dos partidos e agrupacións políticas para incrementar o número de mulleres con discapacidade candidatas nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.

6. A inclusión da discapacidade e o xénero nas accións desenvolvidas polo Goberno de España no marco do Ano Europeo da Cidadanía, así como no Segundo Informe sobre a Cidadanía da Comisión Europea, en colaboración co Foro Europeo da Discapacidade, que servirá como plan de actuación para eliminar os obstáculos que aínda impiden o exercicio dos dereitos de cidadanía en sectores en risco de exclusión, como é o das mulleres e nenas con discapacidade.
As mulleres con discapacidade loitamos pola plena cidadanía, polo recoñecemento dos nosos dereitos e pola nosa participación en igualdade nunha sociedade ampla e diversa!
8 de marzo de 2013
CERMI
www.cermi.es
www.convenciondiscapacidad.es

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s