ASPACE, DOWN España, FEAFES e Autismo España crean o Grupo de Converxencia Asociativa

grupo

Confederación ASPACE, DOWN España, Autismo España e FEAFES crean o Grupo de Converxencia Asociativa, que nace para elaborar unha estratexia común que permita aglutinar esforzos para os colectivos aos que representan, e composto por 1.600.000 persoas, que, polas súas particulares características, contan con obxectivos e intereses comúns.

Información extraída da páxina web de FEAFES.

Nunha das súas primeiras reunións, o Grupo de Converxencia Asociativa mostrou a súa preocupación ante as diferentes oportunidades que teñen as persoas con discapacidade en función do seu lugar de nacemento ou residencia, pois os recursos ofertados polas administracións (tanto de atención como de financiamento para as entidades que os atenden) varían de forma considerable en función da comunidade autónoma e, dentro delas, de se a residencia se sitúa no medio rural ou urbano, o que afecta de forma directa á súa calidade de vida.

Así mesmo, todas as entidades puxeron de manifesto as estratexias e liñas de actuación que unen ás cinco entidades, entre as que se destacou a visión específica sobre a discapacidade, que implica unha aposta polos modelos da autonomía e a inclusión na sociedade aproveitando os recursos que esta ofrece para ser compartidos entre persoas con e sen discapacidade.

Para rematar, sinalouse que, debido ao seu tamaño, as cinco entidades comparten unha gran flexibilidade á hora de desenvolver o seu labor, unha gran capacidade de manobra fronte a imprevistos e un maior peso e integración das familias e das persoas con discapacidade dentro das súas estruturas.

Para rematar, o Grupo de Converxencia Asociativa sinalou a importancia de lograr o pleno recoñecemento da especificidade das respectivas discapacidades e da atención prestada, a importancia de potenciar a atención temperá a menores de 6 anos coa finalidade de incrementar os niveis futuros de autonomía e a necesidade de incrementar o financiamento recibido e a capacidade de influencia sobre terceiros.

As cinco entidades que levan a cabo esta iniciativa representan a unha poboación estimada de 1.600.000 persoas, pois cabe destacar, por exemplo, que un millón de españois teñen algunha enfermidade mental crónica, 420.000 adquiren durante a súa vida algún tipo de dano cerebral (froito, principalmente, dun ictus, un traumatismo ou un tumor), 120.000 teñen parálise cerebral, 35.000 síndrome de Down e unha de cada 150 autismo.

Á reunión do pasado 7 de marzo acudiron Jaume Marí e Andrés Castelló, presidente e xerente de Confederación ASPACE respectivamente, Agustín Matía, xerente de DOWN España, Antonio de la Iglesia, presidente de Autismo España e José María Sánchez Monge, presidente de FEAFES.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s