Consellos de recuperación e rehabilitación

recuperación

Información extraída de Stroke Strike.

Para todas as persoas que sufriron un ictus, a rehabilitación é a parte máis importante do seu tratamento. Enfróntanse a unha situación nova á que se terán que adaptar, implicando ás súas familias ou coidadores. Precisamente para os familiares compartimos este artigo, xa que deben ser conscientes do traballo que teñen por diante.

Ante a lesión neurolóxica sufrida, normalmente o obxectivo principal do tratamento é ensinar ao enfermo a adaptarse, a recuperar a súa autonomía para a vida diaria. En ocasións atopamos pola web moitos artigos interesantes, como este da web Neuro-Afeic (Asociación de familiares e enfermos de ictus de Granada), no que expoñen unha serie de consellos e actividades básicas para conseguir unha mellor rehabilitación:

Actividades básicas da vida diaria

O terapeuta debe reentrenar co paciente e a familia aquelas actividades na que presente dificultades, e ensinarlles as axudas técnicas que precisen.

Gradualmente incídese sobre:

– Volteos e mobilidad na cama. Exercicios a realizar diariamente na mesma.

– Despegar a pelvis da cama.

– Abrir e pechar os xeonllos.

– Virar os xeonllos xuntos cara á dereita e esquerda sen mover os ombreiros.

– Trasladar cara arriba/abaixo e dereita/esquerda na cama.

– Paso decúbito supino a sedestación, equilibrio e control de tronco ao bordo da cama. Sedestación primeiro ao bordo da cama e con asistencia, ata conseguila independentemente contra a resistencia ao empuxe. Hai que insistir na correcta alineación de todos os segmentos.

– Alimentación: indicándolles a postura correcta para comer (sentados cos dous pés apoiados no chan, costas rectas apoiada sobre o respaldo da cadeira, brazo pléxico/parético sobre a mesa e comendo prato por prato non, coa bandexa enteira).

– Transferencia á cadeira de rodas, á cama, ao w.c, á ducha/bañeira, …

– Aseo persoal diante do lavabo: lavar a cara e as mans, lavar os dentes, peitearse, afeitarse, etc.

– Vestido: primeiro a parte superior, despois a parte inferior e ao final incluíndo as pezas máis complexas, roupa interior.

– Hai que ter en conta o lugar onde se coloque a roupa e a posición da mesma para que non haxa risco de caídas.

– Secuenciar as tarefas e proporcionar ao paciente as estratexias necesarias para que poida facelo dun xeito óptimo.

– Baño, incluíndo as trasferencia á bañeira ou prato de ducha. Sempre se realizará esta actividade en sedentación.

– Deambulación pola habitación con ou sen axudas técnicas en diferentes posicións e direccións. Tamén pola planta e o hospital, fomentando a interacción con outros pacientes. Naqueles en que non sexa posible a marcha ensínaselle a autopropulsar a súa cadeira de rodas para que se movan de forma autónoma.

– Subir e baixar escaleiras, con ou sen axudas técnicas.

Seguir lendo artigo completo, aquí.

Para rematar, queremos facer unha mención especial aos consellos para os pacientes que agora se atopen nunha cadeira de rodas, xa que é unha situación e unha postura totalmente nova para o corpo á que se terán que adaptar:

Cando o paciente estea en sedestación (cadeira, cama, cadeira de rodas), hai que corrixir a súa postura, resulta de gran utilidade colocar un espello fronte a eles, para que teñan unha referencia visual e poidan situarse correctamente. Deben ter o tronco o máis ergueito posible, unicamente coas curvas fisiolóxicas, non potenciando posturas anómalas. A cintura pélvica e a escapular correctamente aliñadas, deste xeito a carga de peso sobre ambas cadeiras é homoxénea. Actividades moi útiles neste aspecto serán daquelas que reforcen anteversión e retroversión pélvica e a alternancia de carga entre unha cadeira e outra. O paciente debe manter sentando os pés correctamente apoiados sobre o chan, lixeiramente separados. Se o pé afecto non ten un bo apoio, hai que melloralo realiñando os segmentos anatómicos do membro inferior (cadeira, perna, xeonllo e pé) e inhibindo a actividade muscular que leva ao pé a dorsiflexión e inversión. Son de gran utilidade movementos de flexo-extensión de tobillo, alongar o tibial posterior (unha man sostén o talón e a outra vai subindo ao longo do tibial posterior), alongar a fascia plantar, abrir os dedos, dar forma ao arco anterior co talón apoiado no chan, etc.

Cando o control do tronco está conseguido trabállase o equilibrio e reaccións de enderezamento en bipedestación. Algunhas propostas son:

– Actividades moi variadas sobre unha mesa colocada fronte ao paciente.
– Traballo sobre parede (taboleiros con fichas para ensartar, telares sinxelos e adaptados).
– Exercicios con pelota Bobath sobre a mesa situando á vez os membros superiores, etc.

Conseguidos os pasos anteriores e xunto co departamento de fisioterapia adéstrase ao paciente no correcto patrón de marcha. É importante practicar a deambulación tanto en exteriores (xardín, rúa, …) como en interiores (pranta, hospital, …).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s