EAPN convoca o III Con​curso Fotográfico so​bre Pobreza e Exclus​ión Social​

EAPN

A Rede contra a Pobreza EAPN-Galicia convoca o III Concurso de Fotografía baixo o lema ‘Cidadanía Inclusiva: Pobreza e Exclusión Social en Galicia’. Está dirixodo a persoas que participan en programas sociais e outros fotógrafos afeccionados.

O concurso aposta pola imaxe fotográfica como motor da inclusión social, que nos axuda a facer visibles situacións de exclusión social ante o conxunto da sociedade e pon a disposición das persoas en situación ou risco de exclusión social, un medio de expresión propio. Todo elo para que os poderes públicos dirixan a súa atención cara os colectivos máis vulnerables, situando ás persoas no primeiro plano da axenda política.

As fotografías presentadas ao concurso deberán estar relacionadas coa temática ‘A Pobreza e Exclusión Social en Galicia’ e poderán reflectir aqueles aspectos que manifesten, de calquera xeito, a pobreza e a exclusión social na nosa comunidade autónoma.

O 15 de maio remata o prazo para a recepción dos traballos. Concederanse dous premios ás mellores imaxes e unha selección daquelas que reúnan maior calidade ou interese formarán parte da ‘III Exposición de Fotografía Prioridade 1: Pobreza e Exclusión Social’.

Na web de EAPN-Galicia pódense consultar as bases e cubrir o formulario de inscrición.

 

1 responses to “EAPN convoca o III Con​curso Fotográfico so​bre Pobreza e Exclus​ión Social​

  1. Pingback: EAPN entrega o premio de fotografía sobre exclusión social | FEGADACE·

Deixar un comentario