O 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Síndrome de Down

down

O vindeiro xoves, 21 de marzo, conmemórase o Día Mundial da Síndrome de Down. A Federación Down Galicia organiza, coincidindo coa data, un acto en Santiago de Compostela. Con este evento queren aproveitar para darlle voz ao colectivo galego de persoas con síndrome de Down e amosar as súas capacidades e logros.

A cita está fixada ás 18:00 hh. no Auditorio da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura. Os actos incluirán a lectura do Manifesto pola autonomía das persoas coa síndrome de Down, que estará presidida polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e unha pequena maratón de lectura inclusiva, que contará coa presenza dos escritores Xosé Neira Vilas e Rosalía Morlán.

A Federación Down Galicia convida a acudir e participar da conmemoración.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s