Constrúen un sistema que axuda a recuperar a mobilidade tras un ictus

mobilidade

España participa no proxecto CORBYS.

Información extraída de Europa Press.

Investigadores de seis países europeos están inmersos na actualidade no desenvolvemento do proxecto CORBYS, que supón a creación dun robot destinado aos pacientes con ictus para que adestren a mobilidade do seu corpo tras un accidente cerebrovascular.

O sistema consta de ortesis de suministro de corrente para axudar ao paciente ao movemento das súas pernas e dunha plataforma móbil que proporciona mobilidade ao mesmo.

“O primeiro paso é colocar os sensores no corpo do paciente e deixar que camiñe nunha cinta. Un terapeuta corrixe o patrón da marcha e, coa axuda dos sensores, créase un modelo de patrón da marcha do paciente”, sinalou o investigador Anders Liverud, un dos impulsores do proxecto.

Os investigadores tamén están traballando cos aspectos cognitivos. Desta forma, o robot podería interpretar os datos do paciente e adaptar o programa de formación ás capacidades do suxeito.

Na súa construción, está implicada a Universidade de Bremen (Alemania), que está vendo como integrar todos os módulos no sistema. Pola súa banda, dúas universidades do Reino Unido están traballando cos aspectos cognitivos.

Mentres, especialistas españois están abordando as medicións da actividade cerebral e a Universidade de Bruxelas está estudando o control do robot. Trala súa construción, o robot poñerase a proba en pacientes con accidente cerebrovascular nos institutos de rehabilitación de Eslovenia e Alemania. O proxecto ten un orzamento total de 8,7 millóns de euros.

E é que é de vital importancia que as persoas que padeceron un accidente cerebrovascular recuperen a súa mobilidade canto antes e, para iso, deben realizar exercicios de adestramento e aprender a camiñar de novo.

En Europa, os accidentes cerebrovasculares son a causa máis frecuente de discapacidade física en adultos maiores. Tralo evento, moitos pacientes ven reducida a súa mobilidade e son incapaces de camiñar por si mesmos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s