A persoa con discapacidade non é unha enferma

autismo

A Fundación Salud 2000 acaba de publicar unha monografía titulada Aspectos bioéticos, xurídicos e médicos da discapacidade, na que recolle a evolución do concepto discapacidade. A publicación pretende responder aos dilemas xerados pola transformación deste concepto nos últimos anos, ademais de aportar claridade sobre os avances e retos no ámbito da saúde.

Información extraída de Autismo Madrid.

A monografía pode descargarse aquí.

Ao longo da historia, o tratamento que recibiron as persoas con discapacidade tivo consecuencias de caracter xurídico, social, institucional e prestacional. Pasamos dun modelo médico-rehabilitador, caracterizado pola prestación asistencial e a recuperación de capacidades, a un modelo social fundamentado na eliminación das barreiras que dificultan a integración e que diminúen as oportunidades das persoas con discapacidade.

Para conseguilo, o libro aborda nos seus 10 capítulos aspectos bioéticos e xurídicos, ademais de contidos médicos e científicos, sempre coa Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade como eixe transversal de todos eles.

A citada convención recorda que as persoas con discapacidade non teñen dereitos diferentes aos proclamados nos tratados internacionais, polo que si deben gozar de todos os dereitos humanos.

Entre os prologuistas da publicación atópanse o secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, Juan Manuel Moreno, e o secretario xeral do Consello Xeral da ONCE, Rafael de Lorenzo, quen sostén que o cidadán con discapacidade “non é un enfermo” que só necesita “respostas adecuadas” por parte do sistema sanitario e da sociedade en xeral.

A monografía foi coordinada por Javier Sánchez-Caro, responsable do área de Bioética e Dereito Sanitario da Consellería de Sanidade da Comunidade de Madrid, e por Fernando Abellán, director de Derecho Sanitario Asesores, o texto forma parte da Colección de Bioética e Dereito da Fundación Salud 2000.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s