‘Labilidade’ emocional e dano cerebral adquirido

emociónsInformación extraída da web de Ineava (Instituto de Neurorrehabilitación Avanzada).

Unha porcentaxe importante de persoas que sufriron dano cerebral adquirido (especialmente aquelas con un traumatismo cranioencefálico) sofren alteracións nas rexións cerebrais encargadas de regular as emocións e os sentimentos.

A ‘labilidade’ emocional é o termo utilizado para referirnos ao conxunto de cambios repentinos e súbitos que pode presentar a persoa no seu temperamento, e que se caracterizan por expresar “hiper-emocións” que non corresponden ao seu verdadeiro estado emocional nin ao contexto no que se presentan.

Como consecuencia, a persoa que sofre labilidade emocional pode reaccionar con emocións acordes á situación pero que conlevan un comportamento de intensidade ou duración desmesurada difícilmente regulable (por exemplo: estar contentos, e comezar a rir demasiado alto ou durante demasiado tempo, comezar a chorar sen motivo, etc).
Do mesma xeito, tralo dano cerebral adquirido pode ser normal que a persoa mostre sistematicamente un cadro emocional específico pero non por iso exacerbado: sentimentos de tristeza, frustración, irritabilidade, ira, ansiedade, depresión e, igualmente, pracer ou felicidade.

Para intentar evitar que os momentos de labilidade emocional aparezan é interesante medir moi ben os grados de:
– fatiga ou cansazo (físico e/ou cognitivo)
– estrés, incerteza ou ansiedade
– sobre-estimulación/presión contextual (nivel de esixencia, nivel de ruído, cantidade de xente)
– emocións da contorna (outras persoas, situacións concretas, películas, etc.)
– temáticas asociables ao accidente (conducir, traballo, falecementos, etc.)

Como actuar?

  • En ocasións, con só dar á persoa un curto período de tempo (desde uns minutos a un pequeno paseo) no que poder recanalizar as súas emocións é suficiente.
  • Intentar ignorar o episodio de labilidade emocional na maior medida posible é máis recomendable que centrarse no que está ocorrendo, xa que iso pode reforzar e incrementar a actitude emocional exacerbada. Polo mesmo motivo, é importante non adherirse ao comportamento que estamos observando (por exemplo: non poñerse a rir se a persoa está rindo).
  • Cambiar a actividade e/ou o contexto nos que está aparecendo ou vai aparecer labilidade emocional: utilizar grandes distractores atencionales, ou cambiar radicalmente de actividade.
  • Ensinar á persoa que padece labilidade emocional a contextualizar verbalmente o seu comportamento para que a xente que a rodea, e que non coñece este síntoma clínico, non se asuste ou senta confusa: “desde o meu ACV non podo controlar este choro”; “non me fagas caso, que xa me pasa”, …

En casos de labilidade emocional máis severa o máis recomendable é:

  • Realizar sesións individuais non moi densas en ambientes tranquilos para reducir os niveis de estrés.
  • Medir moi ben a intensidade global das actividades para que sexan acordes á súa capacidade.
  • Programar sesións de maior esixencia tras momentos de descanso ou nos que a persoa atópase con maior enerxía.
  • Incluír descansos entre as actividades.

Por suposto, certas técnicas de carácter cognitivo e tratamento psicolóxico son tamén necesarios para mediar correctamente coa labilidade emocional: técnicas de relaxación, uso de distractores mentais, programas de terapia conductual…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s