O CERMI estuda as causas da maior pobreza das mulleres con discapacidade

discapacidade

Información extraída da web do CERMI.

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) comezou a elaborar un estudo para determinar as causas da maior pobreza e exclusión social que sofren as mulleres e nenas con discapacidade en España, respecto dos varóns con discapacidade, e tamén da poboación sen discapacidade.

A información máis recente sobre discapacidade en España indica que os niveis de formación, actividade laboral e desemprego das mulleres con discapacidade son sensiblemente inferiores aos dos varóns (ambos, á súa vez, inferiores aos do resto da poboación). Aínda que as diferenzas nalgúns destes ámbitos tenden a reducirse en comparación cos varóns con discapacidade, mulleres e poboación sen discapacidade xeral, estas son aínda considerables.

Na nosa sociedade persisten, xa que logo, elementos discriminatorios cara á muller que afectan extraordinariamente ás mulleres e nenas con discapacidade. De feito, a discapacidade en si mesma é un fenómeno estreitamente relacionado coa variable de xénero. A discriminación contra a muller con discapacidade, ademais, non foi observada soamente en contraposición coa situación dos varóns, senón comparada tamén en referencia ás mulleres sen discapacidade.

Todas estas razóns, agudizadas pola situación de crise que vive España desde fai anos, aconsellan realizar unha análise pormenorizada sobre a realidade da pobreza e exclusión social das mulleres e nenas con discapacidade no noso país, de xeito específico que arroxe resultados que permitan tomar as mellores decisións políticas para combater esta situación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s