O Tai Chi pode reducir as caídas tras un ictus

Tai Chi

Información extraída de El Mundo.

Practicar Tai Chi pode reducir as caídas nos adultos supervivintes a un ictus, tal e como evidencia unha investigación realizada polo Colexio de Enfermería da Universidade de Arizona (Estados Unidos).

Non é a primeira vez que se evidencia que o Tai Chi beneficia o equilibrio e reduce as caídas. Con todo, o traballo, que foi presentado con motivo da celebración da ‘International Stroke Conference’ que organizou a American Stroke Association, demostra que esta arte marcial ten un valor naquelas persoas que sufriron un infarto cerebral. A súa práctica tradúcese nun menor número de caídas que os supervivintes que elixen a atención habitual ou participan no programa de adestramento nacional denominado ‘Silver Sneakers’.

Esta práctica, que se remonta á antiga China, propón “movementos físicos, concentración mental e respiración relaxada”, indican os expertos. Para a investigadora principal do estudo e profesora asistente neste centro universitario norteamericano, a doutora Ruth E. Taylor-Piliae, atopar e manter o equilibrio logo dun accidente cerebrovascular “é un desafío”.

Con todo, o Tai Chi é “eficaz” na mellora do equilibrio estático e dinámico, o que é importante “para previr as caídas”, sostén. Ademais, subliña que a súa realización “está dispoñible na maioría de cidades de Estados Unidos a un prezo relativamente barato”.

Os supervivintes a un ictus “sofren sete veces máis caídas que as persoas sas”, afirma Taylor-Piliae á vez que expón que estas poden repercutir en “fracturas, diminución da mobilidade e aumento do medo a caer”. Respecto de este último aspecto, sinala que “pode derivar no illamento social ou a dependencia”.

Para chegar a esta conclusión, os expertos realizaron este estudo con 89 persoas que sobreviviron a un accidente cerebrovascular, os cales teñen unha idade media de 70 anos. Deles, 30 practicaron Tai Chi, 28 recibiron a atención habitual e 31 acolléronse ao programa ‘SilverSneakers’. Os grupos de Tai Chi e de adestramento ‘Silver Sneakers’ realizaron unha hora deste exercicio tres veces por semana durante tres meses. O outro grupo recibiu unha chamada teléfonica semanal e material escrito sobre como participar en actividades físicas dentro da súa comunidade.

Durante estas 12 semanas, houbo un total de 34 caídas entre estes participantes. Cinco no grupo do Tai Chi, 15 no grupo do seguimiento habitual, e 14 no grupo Silver Sneakers. Só catro delas necesitaron un tratamento médico.

O Tai Chi ao estilo Yang, que é o que se practicou neste estudo, é un dos cinco estilos utilizados en Estados Unidos porque enfatiza nos beneficios de saúde, tanto a nivel físico como psicolóxico, segundo explican os investigadores.

“Os principais beneficios físicos do Tai Chi son un mellor equilibrio, aumento da fortaleza, flexibilidade e resistencia aeróbica”, explica Taylor-Piliae. “Os beneficios psicolóxicos inclúen menos depresión, ansiedade e estrés, e mellor calidade de vida”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s