Comeza a Operación Especial de Tráfico de Semana Santa

Campaña DGT

Información extraída de FEDACE.

A DGT (Dirección General de Tráfico) puxo en marcha a Operación Especial de Tráfico para facilitar e regular os desprazamentos por estrada en Semana Santa. Durante os próximos 10 días, prevense 13 millóns de desprazamentos nas estradas españolas.

Para facilitar a mobilidade dos vehículos, a DGT establecerá medidas como a instalación de carrís reversibles e engadidos, a paralización das obras que afecten ás calzadas das estradas e a restricción da circulación de camións que transporten mercancías perigosas; ademais de reforzar a información sobre o estado das estradas a través do teléfono 011, do seu web e dos boletíns informativos en radio e televisión.

Campañas

A Operación Especial de Tráfico vén acompañada de mensaxes de prevención e concienciación para os condutores. Por unha banda tratarán a necesidade de realizar unha condución responsable, centrándose nas estradas secundarias, que é onde maiores riscos hai. ‘En estradas secundarias, a túa seguridade é o primeiro’ é o lema que se poderá escoitar en todas as cuñas e anuncios que se emitan durante este período.

Ademais, a DGT lanzou a principios de marzo a campaña ‘Usa o cinto de seguridade. Non podes vivir sen el’, centrada no uso do cinto de seguridade e os sistemas de retención infantil. Estes sistemas de seguridade reducen á metade o risco de morte e tamén reducen a gravidade das lesións e, malia ser obligatorios, 4 de cada 10 falecidos en vías urbanas non levaba cinto e 7 de cada 10 nenos que viaxan en coches non utilizan correctamente a cadeiriña. De feito, dos 2.900 nenos que resultan feridos en España cada ano por accidente de tráfico, o 40% non usa o sistema de retención infantil.

Recordamos que, baixo responsabilidade do condutor, os menores de 12 anos non poden circular nos asentos dianteiros; salvo se utilizan dispositivos homologados para ese efecto. Estes menores deberán utilizar dispositivo de retención adaptado á súa talla e peso no asento traseiro mentres a súa estatura non supere os 1,35m. A partir de que os nenos superen esta estatura, poderán utilizar o cinto de seguridade.


Recomendacións para desprazarse en Semana Santa

Se esta Semana Santa vai realizar unha viaxe, recorde:

  • Planificar a viaxe e evitar os días e horarios nos que se prevé unha maior intensidade de circulación.
  • Seguir as instrucións dos axentes de tráfico que estarán regulando a circulación nas estradas.
  • Levar acendidas as luces mellora a visibilidade e a seguridade de todos.
  • Adecuar a velocidade ás circunstancias e á vía pola que se circula. Se se respectan os límites de velocidade, mellora a fluidez do tráfico e todos saímos gañando.
  • Atención aos desprazamentos curtos, hai que as mesmas precaucións que nos longos.
  • Non consumir bebidas alcohólicas nin drogas se se vai conducir. Intensificaranse os controis de velocidade, alcohol e drogas como instrumento para a prevención dos accidentes na estrada.

Boa viaxe e boas vacacións!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s