Xornada sobre novas tecnoloxías en intervención neuro psicolóxica

SGN

A Sociedade Galega de Neuropsicoloxía (SGN) organiza unha xornada sobre ‘Novas tecnoloxías en intervención neuropsicolóxica’. Celébrase o venres 12 de abril na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, entidade colaboradora no evento.

A xornada comeza ás 9:45 coas intervencións da decana da Facultade de Psicoloxía e da presidenta da SGN. Ás 10:00, a terapeuta ocupacional do CEADAC Elisa Pascual Agudo falará sobre ‘Sentindo o vivido: demostración do manexo da tecnoloxía Sensecam na rehabilitación da memoria episódica’. Despois dunha pausa, ás 12:30, directora asistencial do servicio de dano cerebral do Hospital Nisa Sevilla-Aljarafe, Myrtha O’Valle, impartirá unha conferencia sobre ‘Novas aportacións da realidade virtual na intervención neuropsicolóxica (Sistema Biotrak): Aspectos prácticos’.

Na sesión de tarde, desde as 16:00, a Neuropsicóloga do Proxecto NeuronUP Carolina Sastre vai tratar ‘A tecnoloxía como eixo fundamental na neurorrehabilitación’. A xornada clausúrase ás 18:00, para celebraren a Asemblea xeral ordinaria da Sociedade Galega de Neuropsicoloxía.

A inscrición custa 60 €, que se reducen a 40 € no caso de persoas asociadas á SGN, estudantes ou persoas paradas. Pode tramitarse nestes enderezos de correo electrónico: sgn@viajesviloria.com e sgn.secretaria@gmail.com.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s