FEDACE participa na VII Convocatoria de Axudas DKV “¡Tú decides!”

Tú decides

Os votos de empregados, clientes, mediadores, médicos e proveedores de DKV decidirán se o proxecto de FEDACE de información en hospitais se pon en marcha.

Se pertences a calquera dos colectivos, podes votalos desde o 1 de abril ao 25 xuño.

Información extraída de FEDACE.

O proxecto “Información e Apoio a Familias con Dano Cerebral Adquirido en hospitais” da Federación Española de Dano Cerebral, resultou finalista da VII Convocatoria de Axudas DKV “¡Tú decides!”. A fase final da convocatoria presenta aos proxectos participantes para que os empregados, clientes, mediadores, médicos e proveedores de DKV poidan votar os seus favoritos.

“Información e Apoio a Familias con DCA en hospitais” é un proxecto enmarcado no Programa de Información e Apoio a Familias, principal alicerce sobre o que se sustenta o traballo do movemento asociativo do dano cerebral. En 2012 atendéronse a través deste programa a máis de 9.000 persoas. Este programa resulta esencial porque nos primeiros momentos do Dano Cerebral Adquirido (causado por ictus e traumanismos cranioencefálicos) a familia enfróntase a moitos temores e a máis incertezas: descoñécese o que é o DCA, o alcance da lesión, as secuelas que poden quedar, as posibilidades de rehabilitación, as estratexias para adaptar a dinámica familiar á nova situación… En definitiva, a familia atópase nunha situación devastadora, chegando en ocasións a sufrir ata máis que a persoa lesionada; xa que pode ser máis consciente da situación.

Pero o que é peor, a familia non ten armas, non ten información para afrontar a situación, polo que se volve fundamental para o movemento asociativo estar preto das familias que viven co Dano Cerebral Adquirido desde o momento en que ingresan no hospital. Así, coa posta en marcha deste proxecto de información en hospitais, estaremos en disposición de poder brindar a información e o asesoramento necesarios que permita á familia comprender a dimensión do DCA e asumir os novos roles para acompañar á persoa con dano cerebral no proceso de rehabilitación e integración social.

Isto farémolo fortalecendo unha rede de apoio composta por voluntarios e profesionais a través de seis servizos que se coordinarán cos centros hospitalarios para aproveitar ao máximo os recursos dispoñibles. Estes mesmos servizos serán os responsables de potenciar o rol da familia como engranaxe fundamental no proceso rehabilitador da persoa con DCA.

Co desenvolvemento do proxecto, 500 familiares de 200 persoas con DCA beneficiaranse do mesmo, grazas ao traballo de oito profesionais das asociacións, unha coordinadora na Federación e 100 voluntarios que actuarán directamente coas familias. Ademais, reeditaremos a guía básica de orientación sobre dano cerebral DCA: orientación para familiares, amigos e cuidadores; material que contén consellos, información e respostas para afrontar os primeiros momentos do dano cerebral; desde o accidente ata a volta a casa.

Para votar e apoiar este proxecto, podes facelo se es empregado, cliente, mediador ou proveedor de DKV. Entrando na web http://services.dkvseguros.com/tudecides/ busca o noso proxecto en “Saúde de colectivos desfavorecidos” co ámbito de actuación “toda España” e o título “Información e apoio a familias con dano cerebral adquirido en hospitais”. O período de votación está aberto ata o 25 de xuño. Vótanos, axúdanos ofrecer apoio ás familias das persoas con dano cerebral, e colabora difundindo o proxecto entre os teus amigos a través das redes sociais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s