O voluntariado chama a visibilizar o dano cerebral saíndo das asociacións

Imaxe das persoas asistentes no exterior das instalacións de Alento, en Vigo.

Imaxe das persoas asistentes no exterior das instalacións de Alento, en Vigo.

A Federación Galega de Dano Cerebral celebrou este sábado en Vigo un Encontro de Voluntariado. No encontro, que se desenvolveu nas instalacións de Alento, no barrio de Navia, participaron voluntarios e voluntarias de todas as entidades que compoñen FEGADACE, ademais de persoal técnico da Federación.

O obxectivo desta xuntanza foi facer unha posta en común do traballo que realiza o voluntariado nas asociacións galegas de dano cerebral, analizar cales están sendo as súas vías de participación, e estudar propostas para mellorala.

A principal reivindicación por parte do voluntariado é a saída das asociacións, e apertura destas ao espazo comunitario. Reclaman un papel máis activo na súa atención ás persoas con dano cerebral, poderen desenvolver máis actividades de lecer e tempo libre en máis lugares que as propias entidades. Valoran que esta medida podería facilitar a inclusión social das persoas afectadas polo dano cerebral, visibilizándoas.

Outra das conclusións do encontro foi a necesidade de coñecerse mellor para fortalecer os equipos de voluntariado das entidades. Facer máis actividades e sumar a máis persoas para o voluntariado no movemento asociativo do dano cerebral foron outras dúas constantes na xornada.

Salientan que unha mellora organizativa e a dedicación de máis tempo e recursos tamén poderían axudar a superar barreiras.

Estas conclusións foron extraídas durante dos obradoiros desenvolvidos pola mañá, nos que se falou das tarefas do voluntariado nas entidades de dano cerebral, e da xestión do ciclo do voluntariado.

Na xornada de tarde, unha representante de Down Galicia expuxo como xestionan nesa asociación o traballo das persoas voluntarias, dando exemplos de como podería mellorar esta cuestión dentro do movemento do dano cerebral.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s