Como funciona a realidade virtual en pacientes con problemas cerebro vasculares?

cerebro

Un estudo comprobou que o Rehabilitation Gaming System, programa de realidade virtual, activa as neuronas vinculadas ao control motor en pacientes con problemas cerebrovasculares.

Información extraída de Universia.

Unha investigación realizada por investigadores da Universitat Pompeu Fabra determinou que o Rehabilitation Gaming System (RGS), sistema de realidade virtual para a rehabilitación de pacientes que sufriron ictus ou accidentes cerebrovasculares, activa áreas cerebrais asociadas co control motor.

O programa desenvolvido por centros cataláns foi creado para restituír a capacidade motora das extremidades superiores en persoas con déficits neurolóxicos. Segundo o estudo, informa o portal agenciasinc.es, o RGS esperta as neuronas espello que se activan cando unha persoa ou outro animal reaccionan imitando a outro individuo.

O grupo de traballo detrás deste descubrimento realizou resonancias magnéticas en 24 voluntarios para medir o fluxo sanguíneo das zonas activas do cerebro e analizou a activación de certas neuronas.

Os autores afirman que este descubrimento corrobora os beneficios do sistema e permitirá continuar avanzando nas vantaxes da rehabilitación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s