FEGADACE promove os hábitos de vida saudábeis nun ciclo de cursos para previr a dependencia

CartelCursosDatas

Comezan este venres, día 19, en Lugo, e desenvolveranse ata o 15 de maio.

Un dos principais obxectivos da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) é traballar na prevención: en evitar que se produza o dano cerebral. Para cumprir con el, FEGADACE organiza unha serie de cursos sobre ‘Hábitos de vida saudábeis e prevención da dependencia no dano cerebral’, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, FEDER, e o programa de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal, a través do seu proxecto ‘Envejecimiento + Activo’.

O ciclo de cursos está dirixido a persoas maiores de 50 anos, xa que constitúen un colectivo de risco pola maior incidencia do dano cerebral nesa idade. Vanse desenvolver na Coruña, Ourense, Lugo, Vigo e Santiago, entre este venres, día 19 de abril, e o 15 de maio. O equipo docente está composto por traballadoras sociais, psicólogos, terapeutas ocupacionais, e outros profesionais das asociacións galegas de dano cerebral federadas en FEGADACE.

O obxectivo deste programa formativo é promover os hábitos de vida saudábeis, estendendo o coñecemento social do dano cerebral e do ictus, que é a súa principal causa. Nos cursos informarase sobre os síntomas de alarma para identificar esta doenza cerebrovascular e actuar canto antes no caso de que se produza.

Ademais, proporcionaranse pautas para levar unha vida máis sa a través do deporte ou a alimentación, e daranse consellos para rematar co tabaquismo, evitar os accidentes de tráfico, previr as caídas e, en definitiva, chegar á vellez con calidade de vida.

Cada curso dura hora e media e terán unha estrutura dinámica e participativa para facilitar a aprendizaxe. A inscrición pode formalizarse en cada unha das asociacións de dano cerebral de FEGADACE, por teléfono ou en persoa.

O primeiro dos cursos será este venres, día 19, en Lugo. Vai ser impartido pola traballadora social Vanesa Mariño na sede de ADACE (Avenida Carlos Azcárraga, 4, Local B).

A Federación Galega de Dano Cerebral constituíuse en 2007 polas cinco asociacións que traballan en Galicia: ADACECO na Coruña, ADACE en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago. O obxectivo da Federación é contar cunha plataforma común de interlocución, coordinación e divulgación das necesidades do colectivo de persoas afectadas polo dano cerebral en Galicia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s