A análise do cabelo permite avaliar o risco cardio vascular

cabelo

Na terceira idade.

Información extraída de Europa Press.

As fías de cabelo conteñen información valiosa sobre os niveis de estrés na terceira idade que se pode utilizar para determinar o risco dun individuo a sufrir enfermidade cardiovascular, segundo un recente estudo aceptado para a súa publicación en ‘Journal of Clinical Endocrinology and Metabolism’.

A diferenza dun exame de sangue que capta unha instantánea dos niveis de hormonas do estrés nun momento único no tempo, unha análise do pelo do coiro cabelludo permite ver as tendencias nos niveis de cortisol, a hormona do estrés ao longo de varios meses.

Este enfoque permite aos investigadores ter unha mellor idea da variabilidade nos niveis de cortisol. O estudo atopou que as persoas maiores que tiñan maiores niveis da hormona do estrés cortisol a longo prazo eran máis propensos a ter enfermidade cardiovascular.

“Do mesmo xeito que a presión arterial alta ou a graxa abdominal, os resultados suxiren que os niveis elevados de cortisol son un sinal importante de que unha persoa está en risco de enfermidade cardiovascular”, dixo unha das autoras principais do estudo, Laura Manenschijn, do Erasmus MC en Rotterdam, Países Baixos.

“Debido a que o pelo do coiro cabeludo pode capturar información sobre como cambiaron co tempo os niveis de cortisol, a análise de pelo dános unha mellor ferramenta para evaluar o risco”, agrega a doutora Maneschijn.

O estudo mediu os niveis de cortisol nun grupo de 283 residentes da terceira idade entre 65 e 85 anos e os seus participantes foron seleccionados ao azar dun gran estudo de cohorte de base poboacional. Con mostras de cabelos de tres centímetros de longo tomadas de preto do coiro cabelludo, os científicos foron capaces de medir os niveis de cortisol dun periodo de tres meses.

As persoas con altos niveis de cortisol eran máis propensas a ter unha historia de enfermidade coronaria do corazón, accidente cerebrovascular, enfermidade arterial periférica ou diabetes.

“Os datos mostraron unha relación clara entre os niveis cronicamente elevados de cortisol e a enfermidade cardiovascular”, dixo, Elisabeth van Rossum, tamén autora do estudo e membro do Erasmus MC. No entanto, recoñece que se necesitan máis estudos para explorar o papel da medición de cortisol a longo prazo para predecir a enfermidade cardiovascular e a forma en que se pode utilizar para informar un novo tratamento ou estratexias de prevención.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s