O Santiago Futsal vs ElPozo Murcia, partido solidario a favor de Sarela

De esquerda a dereita, David Pazos, xogador do Santiago Futsal, Ramón García, presidente do club, José Balboa, presidente de Sarela e de FEGADACE e David, capitán do Santiago Futsal.

De esquerda a dereita, David Pazos, xogador do Santiago Futsal, Ramón García, presidente do club, José Balboa, presidente de Sarela e de FEGADACE e David, capitán do Santiago Futsal.

Onte presentouse en Sarela o partido solidario cos presidentes de ambas entidades.
Os xogadores do Santiago Futsal David e David Pazos aproveitaron para visitar aos usuarios do centro.
1 euro de cada entrada irá destinado á Asociación de Dano Cerebral de Compostela.

Onte presentouse en rolda de prensa o partido do próximo venres entre o Santiago Futsal e ElPozo Murcia, que será solidario a favor da Asociación de Dano Cerebral de Compostela (Sarela). Nela estiveron presentes o presidente de Sarela, D. José Balboa, e o presidente do Santiago Futsal, D. Ramón García, acompañados polos xogadores do primeiro equipo David e David Pazos, que aproveitaron para visitar aos usuarios do centro e invitalos ao partido do venres a partir das 21h no Multiusos Fontes do Sar.

O presidente de Sarela, D. José Balboa, agradeceu que “coñecedores da situación actual do Santiago Futsal estamos moi agradecidos porque colaboren con Sarela deste xeito, ofrecéndonos o seu apoio e dando a oportunidade aos nosos usuarios de asistir ao seu partido”. Pola súa banda, D. Ramón García, presidente do Santiago Futsal, engadiu que “gustaríanos axudar con algo máis, pero a nosa situación non nos permite facelo, polo que para nós é un xeito de agradecer o gran labor social que fai esta asociación”.

O presidente do club explicou que 1 euro de cada entrada para o partido contra ElPozo Murcia irá destinado á Asociación, que terá situado no hall de entrada do Multiusos un stand informativo. Ademais, os xogadores do equipo sairán cunha pancarta da Asociación e un usuario do centro será o encargado de realizar o saque de honra en representación dos membros de Sarela.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s