Ourense acolle esta tarde a primeira sesión dos cursos de hábitos de vida saudábeis

Parte das persoas asistentes ao curso de hábitos de vida saudábeis celebrado en Lugo o pasado venres, 19 de abril.

Parte das persoas asistentes ao curso de hábitos de vida saudábeis celebrado en Lugo o pasado venres, 19 de abril.

Mañá comezan tamén en Vigo e na Coruña.

A táboa completa de horarios e localizacións está nesta ligazón: datas e horarios.

O ciclo de cursos sobre ‘Hábitos de vida saudábeis e prevención da dependencia no dano cerebral’, que arrincou a semana pasada en Lugo, continúa esta tarde en Ourense. Este ciclo está organizado pola Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, FEDER, e o programa de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal, a través do seu proxecto ‘Envejecimiento + Activo’, co obxectivo de estender o coñecemento social do dano cerebral e axudar a previlo.

O ciclo está composto por vinte cursos de hora e media de duración, nos que profesionais das asociacións federadas en FEGADACE explican a persoas maiores de 50 anos como levar unha alimentación saudábel, que exercicios son os máis axeitados para a súa idade, a importancia de levar controis médicos. Estes obradoiros celébranse en cinco cidades galegas entre os meses de abril e maio.

Na tarde de hoxe, de as 17:00 a 18:30, celébrase o primeiro dos cursos de Ourense, nas instalacións de Aixiña (Rúa da Farixa, 7). Vai ser impartido pola psicóloga de Renacer (a asociación de dano cerebral ourensá) Ester Asensio. No mesmo horario e instalacións, hai máis citas o día 30 de abril e o 7 e o 14 de maio.

Pola súa parte, ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral da Coruña, acolle mañá os dous primeiros cursos da Coruña, en horario de mañá (10:00 a 11:00) e de tarde (17:30 a 19:00). En Vigo tamén comezan mañá, 24 de abril, na sede de Alento (asociación viguesa de dano cerebral). Desde as 16:00 a neuropsicóloga Beatriz Pintos estará explicando as claves dun envellecemento saudábel e da prevención do dano cerebral.

O primeiro dos cursos deste ciclo celebrouse o venres pasado en Lugo, no local de ADACE (Asociación de Dano Cerebral de Lugo). Alí repetiranse este venres e os días 3 e 10 de maio. As persoas asistentes amosáronse moi satisfeitas dos coñecementos adquiridos. A sesión decorreu de maneira animada e participativa, amenizada con xogos e outras dinámicas grupais.

A inscrición está aberta e pode formalizarse en cada unha das asociacións de dano cerebral de FEGADACE, por teléfono ou en persoa.

A Federación Galega de Dano Cerebral constituíuse en 2007 polas cinco asociacións que traballan en Galicia: ADACECO na Coruña, ADACE en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago. O obxectivo da Federación é contar cunha plataforma común de interlocución, coordinación e divulgación das necesidades do colectivo de persoas afectadas polo dano cerebral en Galicia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s