Alento participa no Mercado Solidario de Vigo

Postos no local cedido polo centro comercial Plaza Elíptica.

Postos no local cedido polo centro comercial Plaza Elíptica.

As asociacións integrantes de Mercado Solidario Aceesca, Alento, Avelaíña, Cogami, San Xerome e Vontade, estarán no Centro Comercial Praza Elíptica de Vigo entre os días 23 de abril ao 4 de maio.

Nun local cedido polo Centro Comercial Praza Elíptica de Vigo, realizarase a exposición e venda de produtos elaborados artesanalmente polos usuarios das seis asociacións, con deseños propios, orixinais e de gran calidade, asequibles para todos os petos.

Mercado Solidario, desde a súa creación, no ano 2007, converteuse nun punto de encontro de profesionais, usuarios, familiares e achegados, para o intercambio de experiencias e apoio mutuo, estando presente nas feiras e eventos máis importantes da zona sur de Pontevedra.

Grazas á pequena achega de cada venda, ademais de dar saída aos produtos elaborados nos talleres, facilítase o funcionamento e continuidade destes centros, logrando con iso a satisfacción persoal de cada usuario, ao ver recoñecido o seu traballo e ao apreciarse positivamente o esforzo desta persoa por superar a súa discapacidade, axudando a lograr a súa inclusión social e laboral.

Mercado Solidario situarase no local da planta baixa do Centro Comercial Praza Elíptica, entre os días 23 de abril e 4 de maio en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s