Os cursos de ‘Hábitos de vida saudábeis’ na Radio Galega

Convivir en Igualdade

O programa ‘Convivir en igualdade’, da Radio Galega, emitiu o pasado venres unha entrevista co coordinador da Federación Galega de Dano Cerebral. A conversa estivo centrada no programa de cursos sobre ‘Hábitos de vida saudábeis e prevención da dependencia no dano cerebral’, que organiza FEGADACE en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, FEDER, e o programa de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal, a través do seu proxecto ‘Envejecimiento + Activo’.

A condutora do programa, Clara de Sáa, preguntou a Enrique Castro, coordinador de FEGADACE, polos horarios, datas e obxectivos deste ciclo formativo. Tamén falaron sobre hábitos de vida saudábel, pautas que axudan a previr o ictus, e sobre o traballo da Federación.

O programa emitiuse na madrugada do xoves ao venres, día 19 de abril. Esa mesma xornada comezaba o ciclo de cursos coa súa primeira cita en Lugo. O programa pódese oír na Radio Galega á carta. A entrevista atópase desde o minuto 15 da emisión.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s