Wheelmap, un mapa online con máis de 300.000 lugares adaptados

wheelmap

O activista alemán Raul Krauthausen presentou o seu proxecto ‘Wheelmap’, un mapa online de lugares adaptados, accesibles e inaccesibles para as persoas con mobilidade reducida, que funciona a nivel mundial en 21 idiomas.

Información extraída de Socialia.

Así o fixo en Madrid durante a xornada ‘Innovando en Discapacidade’, un encontro con familias e entidades no que se abordou a innovación no ámbito da discapacidade, organizado por Fundación ONCE e Ashoka.

Krauthausen naceu en Perú pero creceu en Alemania, e fai 9 fundou a ONG ‘Heroes Sociais’, co obxectivo de facer innovación social para persoas con discapacidade e animar á xente a facer cousas útiles para a sociedade, “pero porque lles guste e queiran, non porque sintan mágoa polas persoas con discapacidade”.

‘Wheelmap’ é un un mapa online que permite descubrir si os lugares son accesibles ou non para as persoas usuarias de cadeiras de rodas e comprobar antes de saír se a ruta que se vai a seguir é accesible.

Actualmente, xa están recollidos nesta aplicación un total de 300.000 lugares, cunha media de 200 ao día, a través de datos aportados polos propios usuarios. Esta aplicación está dispoñible en 21 idiomas e o mapa funciona hoxe a nivel mundial.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s