O cadro para Fins Sociais da Declaración da Renda, no cupón da ONCE

Cupóns X Solidario

No sorteo do 13 de maio e do 17 de xuño.

Beneficio para case 6 millóns de persoas en risco de exclusión social.

A ONCE dedica o cupón do 13 de maio e o do 17 de xuño ao cadro para Fins Sociais da Declaración da Renda. Con esta iniciativa pretende que sexa maior o número de persoas que marque o cadro do 0,7% na súa Declaración, para que as organizacións dedicadas a este labor social poidan facer máis polas persoas máis vulnerables da nosa sociedade.

A vicepresidenta da ONCE, Teresa Palahí, o presidente da Plataforma do Terceiro Sector, Luciano Poyato, o presidente da Plataforma de ONG de Acción Social, Juan Lara, e o presidente do Sindicato de Técnicos de Facenda, Carlos Cruzado, presentaron este cupón, nun acto no que tamén participou Javier Valades, unha persoa con discapacidade intelectual de FEAPS, beneficiaria dun programa financiado polo IRPF, que explicou que beneficios lle aporta o X Solidario.

Tamén estiveron presentes a directora xerente da Plataforma de ONG de Acción Socila, María Luisa Gómez, e o vocal de comunicación da xunta directiva da Plataforma, Juan de Dios Ramírez-Heredia; a directora da Plataforma do Voluntariado de España, Mar Amate e a súa secretaria xeral, Ester Asensio; o director da Plataforma de Organizacións de Infancia, Ángel Hernández; a directora da EAPN-ES, Isabel Allende, e o Xerente do CERMI, Luis Alonso.

Con este cupón preténdese animar a quen non opta por marcar ningún dos cadros de asignación financeira (Igrexa Católica ou ONG) na súa Declaración, para que non se queden en branco outro ano máis e, con esta acción, aporten á sociedade. Trátase dun xesto solidario que non lles custa nada, non van pagar máis, nin lles van devolver menos. Ademais, quen marcan só o ‘X’ da Igrexa debe saber que co ‘X’ de Fins Sociais axudan tamén a organizacións da Igrexa que actúan no campo da Acción Social.

A ONCE, que non recibe achegas desta iniciativa, súmase, con todo, a esta idea solidaria que beneficia a moitas persoas, a maioría en risco de exclusión e afectadas por situacións de dificultade, e ponse á beira das ONG e entidades de acción social que traballan por unha sociedade mellor.

Grazas ás achegas das persoas que marcaron o cadro de Fins Sociais na súa declaración da Renda do ano 2012, este ano poñeranse en marcha un total de 1.103 programas de acción social, desenvolvidos por 425 entidades de acción social.

O cupón de diario da ONCE ofrece, por 1,5 euros, 50 premios de 35.000 euros ás cinco cifras. Os cupóns da ONCE comercialízanse polos 21.000 axentes vendedores da ONCE. Como sempre, grazas ao Terminal Punto de Venda (TPV), o cliente pode elixir o número que máis lle guste. Ademais, pódense adquirir desde a páxina web oficial de xogo da ONCE Juegos ONCE.

Vídeo da presentación dos cupones da ONCE dedicada a Fins Sociais: http://www.youtube.com/watch?v=co0jbl0ksac

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s