Renacer organiza a festa dos maios

Maios 2013

A asociación de dano cerebral adquirido de Ourense, Renacer, organiza na súa cidade a Festa dos Maios. Para iso, os usuarios e usuarias da entidade prepararon, no obradoiro de lecer creativo de Renacer, as coplas que van cantar no día da celebración.

A festa será o domingo, 5 de maio, desde as 12:00 hh. Cantarán as coplas e presentarán o maio preparado para a ocasión.

Ademais, Renacer editou as coplas nunha folla que se pode adquirir por 1,50 € na sede da asociación ou nas empresas e entidades que patrocinan e apoian o evento: Buda Bar, E.O.PRIM, Ortopedia Benedicto, AnayBen, Fremap, Loteria Jorge Anta, Sercom, Cafetería Dayshe, Cafetería Gabanna, Celcoauto, Colexio Valle-inclán, Agarimo, Edades, Bar Parrillada Paralonga, Adega do Tito, Seguros Perdiz, Atendo-te Servizos Empresariais, Autos Gonzalez, MKTV (Publimedia), e Discarlin Calipage.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s