Un estudo liderado por galegos avanza na loita contra o cancro cerebral

cerebro

A Universidade de Santiago colabora coa de Cambridge nesta investigación.

Información extraída do Faro de Vigo.

A loita contra o cancro con nanotecnoloxía -a ciencia que usa partículas ínfimas, moitísimo máis pequenas que o milímetro- segue dando os seus froitos. O último foi colleitado por investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela así como expertos doutros centros en Barcelona, Cambridge e Salónica.

Os investigadores galegos estiveron investigando como acabar cun determinado tumor cerebral, o xioblastoma cerebral. A mortandade deste cancro debeuse á falta de terapias eficaces.

Desde a USC, o profesor Daniel Baldomir liderou un equipo que traballa nunha técnica que mostrou resultados “prometedores”. Esta consiste en “aumentar a temperatura por riba dos valores considerados como normais -hipertermia- mediante campos magnéticos. A súa mecánica é similar á da febre xa que a hipertermia busca destruír as células canceríxenas mediante a aplicación de calor con temperaturas por riba dos 43 grados centígrados”.

Esta hipertermia magnética actúa de forma loalizada no área afectada polo tumor. Os investigadores galegos -que acaban de publicar os resultados na revista Scientific Reports- comprobaron como as nanopartículas de forma cúbica e dun tamaño de 20 nanómetros ofrecen unha maior eficacia na loita contra o cancro.

O primeiro paso do equipo consistiu en realizar simulaciones no Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga). Despois, viñeron os ensaios in vitro. Os investigadores galegos destacados neste estudo foron Daniel Baldomir, David Serantes, Iván Conde-Leborán e Carlos Martínez-Boubeta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s