Mañá comezan os cursos de hábitos de vida saudábeis en Santiago

IctusAlarma

Organizados por FEGADACE coa colaboración coa Consellería de Traballo.

O ciclo de cursos sobre ‘Hábitos de vida saudábeis e prevención da dependencia no dano cerebral’, que organiza Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, FEDER, e o programa de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal, a través do seu proxecto ‘Envejecimiento + Activo’, chega mañá a Santiago de Compostela. Este ciclo comezou o pasado venres, 19 de abril, en Lugo, e conta con vinte citas en toda Galicia.

A Residencia Sarquavitae, en San Lázaro, vai ser o escenario deste primeiro curso en Santiago. A educadora social de Sarela (Asociación de Dano Cerebral de Compostela) Noelia Parente vai ser a encargada de impartilo, en horario de 15:30 a 17:00. O día 2 de maio haberá outro curso na mesma residencia, e, os días 8 e 15 de maio, o escenario deste programa formativo en Compostela será o Centro de Maiores de Caixa Galicia.

O obxectivo do ciclo é estender o coñecemento social do dano cerebral e axudar a previlo. Está dirixido a persoas maiores de 50 anos, porque se centra na prevención da dependencia e na promoción dos hábitos de vida saudábel. A inscrición permanece aberta ata a véspera, e pódese formalizar en calquera das asociacións de dano cerebral federadas en FEGADACE de maneira gratuíta. Só hai que chamar por teléfono ou acudir a ADACECO, ADACE, Alento, Renacer ou Sarela.

Na tarde de hoxe o programa de cursos continúa na Coruña. Desde as 17:30 haberá un novo curso no Centro Sociocomunitario do Barrio das Flores. Impárteo a terapeuta ocupacional Marta Pardiñas. O salón de actos de Aixiña (Rúa da Farixa, 7 – Ourense) acolle o último dos cursos do mes de abril: será mañá pola tarde, desde as 17:00, e terá como docente á traballadora social Noelia Luque.

A Federación Galega de Dano Cerebral constituíuse en 2007 polas cinco asociacións que traballan en Galicia: ADACECO na Coruña, ADACE en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago. O obxectivo da Federación é contar cunha plataforma común de interlocución, coordinación e divulgación das necesidades do colectivo de persoas afectadas polo dano cerebral en Galicia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s