“A Lomce terá uns efectos perversos nos colectivos menos favorecidos”

Jurjo Torres, Catedrático de Didáctica e Organización Escolar da UDC.

Jurjo Torres, Catedrático de Didáctica e Organización Escolar da UDC.

Entrevista a Jurjo Torres Santomé – Catedrático de Didáctica e Organización Escolar.

“Os centros escollerán que estudantes queren para manter resultados, e non ao revés”.

Información extraída do Faro de Vigo.

O xornal Faro de Vigo entrevistou ao catedrático Jurjo Torres a finais de febreiro deste ano, cando o ‘Movemento Dezao polo Ensino Público’ o convidou a falar na Casa de Cultura de Silleda sobre a Lei Orgánica para a Reforma da Calidade Educativa (Lomce), máis coñecida como Lei Wert. Esta controvertida reforma está agora a ser contestada tamén polas asociacións que agrupan a persoas con discapacidade (entre elas, o CERMI) pola súa falta de atención á educación inclusiva.

-É necesaria unha reforma apenas 20 anos logo da entrada en vigor da Logse?

-Con esta proposta queda claro que cada goberno intenta facer leis conforme aos seus intereses, provocando ademais unha sensación entre o profesorado de que cada novo sistema non será duradero. É máis, Educación propón unha reforma que carece de diagnóstico propio e cuxa única referencia é o informe PISA, que encima malinterpreta porque. O ministerio non ten en conta que existen comunidades autónomas cuxos resultados educativos están por encima da media.

-Precisamente, un dos obxectivos que se marca a lei é que os centros alcancen un rendemento académico xa marcado, mediante reválidas. A que conducirá este sistema?

-Sen dúbida, o único que vai conseguir é que alumnos e profesores se esforcen en aprender trucos para superar esas reválidas, algo similar ao que ocorría en COU, cando se preparaban os exames de Filosofía en función de cantas veces caera no Selectivo Marx ou Platón. Sempre se dixo que as familias escollen onde estudan os seus nenos, pero iso é mentira. Coa nova norma será ao revés, porque os centros só quererán a determinados estudantes para manter os seus resultados, de modo que non terán cabida alumnos inmigrantes ou con discapacidades, condenados a estudar en guetos e con escolas con menos recursos. Esta lei vai ser unha bomba para todo o sistema educativo e terá uns efectos moi perversos sobre os colectivos sociais máis desfavorecidos. Non se pode comparar, por exemplo, un grupo de 20 alumnos dun colexio do Opus Dei, con formación e contorna similar, cunha clase de 20 alumnos dun centro público con nenos inmigrantes que apenas coñecen o idioma e discapacitados, por exemplo.

-Vostede recorda que en 1983 España tiña unha alta porcentaxe de abandono escolar en nenos de só 9 ou 10 anos. En 1987 o PSOE conseguiu implantar a escolarización obligatoria ata os 14 anos, que coa Logse pasaría aos 16. A Lei Wert prima os mellores centros e pretende que un neno de 14 anos decida que estudar. Corremos o risco, a longo prazo, de nenos que queden sen escolarizar?

-Non tanto como iso, pero si existirán mozos cunha escolarización inxusta, porque a día de hoxe España xa recortou 6.500 millóns de euros en Educación e en 2015 terá que rebaixar outro punto o seu PIB, co que haberá máis axustes. E, xa que logo, haberá nenos cos seus pais en paro, sen diñeiro para material escolar e libros e, quizais, sen axudas para o comedor. Non podemos esquecer que, segundo un informe da Unesco, en España existen xa 2,3 millóns de nenos que viven por baixo do limiar da pobreza. Está claro que os que redactaron esta lei pensan que todos os rapaces van a colexios como os dos seus fillos.

-Servirán as protestas cidadás para, polo menos, modificar o proxecto?

-Polo menos facémonos oír. O goberno quere equiparar a España con países que, como Finlandia, levan máis de 100 anos investindo moito diñeiro en Educación, ou con Alemania, que ten unha estrutura industrial moito máis forte que España e que, xa que logo, ofrece un maior mercado de traballo. Finlandia, fai anos, impuxo recortes considerables en Educación e agora cúlpase de perder a formación dunha xeración.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s