Niveis de colesterol e risco de ictus

colesterolInformación extraída de Stroke Strike.

Os pacientes con infarto cerebral de tipo isquémico ou embolia cerebral, teñen uns niveis de colesterol máis elevados que as persoas sas con cifras normais de colesterol. Deixar de fumar, controlar a tensión arterial mediante dieta e medicamentos se é necesario, o exercicio físico, reducir os niveis de colesterol tanto con dieta como con medicación, se se precisa, e manter o peso adecuado, son as mellores medidas para reducir o risco de padecer un ictus.

Controlar o seu colesterol e outros tipos de graxas no sangue (lípidos) pode axudalo a previr outros problemas. Se os seus niveis de lípidos non están no desexado, pode aumentar o seu risco de padecer enfermidades do corazón, ataques ao corazón e derrames ou embolias cerebrais. Para controlar os lípidos no sangue, é necesario facer cambios no estilo de vida e, ás veces, tomar medicamentos. Os tratamentos son diferentes para cada persoa. Hai quen poden lograr os niveis desexados de lípidos no sangue con cambios no estilo de vida, tales como comer equilibradamente de forma sa e a actividade física. Outros requiren cambios dese tipo e, ademais, medicamentos para o control do colesterol.

A finais do século XX e inicio do XXI, publicáronse dous estudos prospectivos con estatinas (medicamentos utilizados por baixar o colesterol) nos que se demostrou un importante papel dos lípidos no aumento do risco de ictus. A redución plasmática (en sangue) dos niveis de LDL-colesterol relacionouse cunha importante disminución na incidencia de cardiopatía isquémica e de ictus (redución do 31%). Por outra banda, demostrouse que os niveis baixos de HDL-colesterol representan un factor de risco independente e importante para o ictus isquémico.

Polo Doutor Rafael Durá.

Rafael Durá

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s