O exercicio mental prevén o deterioro cognitivo en persoas maiores sas

Os crucigramas e sudokus ofrecen beneficios que non logran o exercicio físico ou os fármacos.

Os crucigramas e sudokus ofrecen beneficios que non logran o exercicio físico ou os fármacos.

Información extraída de Somos Pacientes.

Os exercicios de adestramento cognitivo -ou o que é o mesmo, o exercicio mental, caso da realización de crucigramas e sudokus- prevén o deterioro cognitivo nas persoas maiores sas. Así o mostra un estudo levado a cabo por investigadores da Universidade de Toronto (Canadá) e publicado na revista Canadian Medical Association Journal (CMAJ).

En palabras do doutor Raza Naqvi, director da investigación, “os resultados da nosa revisión aportan algunhas probas para axudar tanto aos médicos como aos seus pacientes a tomar a mellor dirección nas estratexias que poden previr o deterioro cognitivo; así, os estudos futuros deberían abordar o impacto do adestramento cognitivo, isto é, a utilización de ferramentas fácilmente accesibles como os crucigramas e os sudokus, que non foron debidamente evaluados na prevención do deterioro cognitivo”.

Exercicio mental mellor que físico

En torno a un 10-25% das persoas maiores de 70 anos padece deterioro cognitivo leve. Por iso, os investigadores revisaron as evidencias de 32 ensaios clínicos con obxecto de evaluar a eficacia das distintas medidas preventivas dirixidas a previr a súa aparición.

De acordo cos resultados, a evidencia que avala o uso de distintas sustancias e medicamentos, caso do gingko, a dehidroepiandrosterona (DHEA) e as vitaminas, é moi débil. Da mesma xeito, como apuntan os autores, “a evidencia dos beneficios do exercicio físico tamén é débil”.

Pola contra, a análise dos tres ensaios clínicos deseñados para evaluar os efectos do exercicio mental mostraron beneficios significativos. Así, mentres un dos traballos evidenció como os participantes melloraron significativamente a memoria durante os cinco anos de seguimiento, un segundo estudo constatou unha mellora na memoria auditiva e a atención nun grupo de adultos maiores dun programa de adestramento cognitivo computarizado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s