Comeza o curso de voluntariado como mediador con persoas con DCA

Curso Voluntariado DCA

Hoxe actívase a plataforma on-line na que se vai desenvolver o curso ‘O Voluntariado como mediador con persoas con DCA’. A traballadora social de ADACE, Vanesa Mariño, vai ser a docente nesta actividade formativa dirixida, preferentemente, a voluntariado e persoal técnico de entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.

Este curso impártese desde a Plataforma de Teleformación de Voluntariado, ubicada na web www.voluntariadogalego.org. A súa duración total é de vinte horas, comeza hoxe e remata o 6 de xuño ás 14:30 hh. O horario de titorías está aberto os venres entre as 11:00 e as 12:00. Esta acción formativa conta con máis de 800 persoas inscritas.

O programa inclúe nocións sobre a discapacidade, o dano cerebral adquirido e as secuelas básicas que sofren as persoas que o teñen. Explícase como se abordan os tratamentos rehabilitadores nas asociacións e que papel pode xogar o voluntariado coas persoas afectadas, coas súas familias, e coas asociacións de DCA.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s