O Plan de Atención Sociosanitaria pon a vista nos próximos catro anos

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera (esquerda), e a titular de Traballo e Benestar, Beatriz Mato Otero (dereita).

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera (esquerda), e a titular de Traballo e Benestar, Beatriz Mato Otero (dereita).

Información extraída de Redacción Médica.

As conselleiras de Sanidade, Rocío Mosquera, e de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentaron o Plan Marco de Atención Sociosanitaria, un documento que marca tres liñas de actuación básica que pasan por conseguir un sistema de atención coordinado e compartido entre a rede de servizos sociais e sanitarios; identificar e atender ás persoas con necesidades sociosanitarias no ámbito sanitario e, para rematar, garantir un nivel de excelencia a través da innovación, o desenvolvemento dos sistemas de información e a promoción das novas tecnoloxías.

Así mesmo, o Plan contempla outras sete actuacións de carácter específico e 28 iniciativas. Entre as sete liñas específicas cóntanse: definir unha carteira de servizos sociosanitarios única e o sistema de acceso; mellorar e fomentar a coordinación entre os servizos sanitarios e sociais a través dunha planificación conxunta; incrementar a colaboración dos servizos sanitarios e sociais con outras entidades sen ánimo de lucro: potenciar a prestación dunha atención personalizada e de calidade, mellorando a eficiencia e o apoio ao cuidador; desenvolver ferramentas de identificación de pacientes con risco de perfil sociosanitario; apostar polas tecnoloxías da información e a comunicación na atención sociosanitaria, e, ademais, adaptar e desenvolver os sistemas de información, incorporando os datos referidos á atención sociosanitaria.

Segundo explicou Mosquera, para elaborar as liñas estratéxicas deste plan “considerouse clave entender que a continuidade asistencial consiste non só en curar, senón tamén en coidar e recibir unha asistencia integral por parte dun equipo multidisciplinar, con apoio dos dispositivos existentes e contando coas novas posibilidades que ofrece a innovación e a tecnoloxía na xestión das enfermidades crónicas”. “Grazas ao Plan pódense planificar e organizar os recursos existentes e as posibles respostas mediante actuacións conxuntas, a través de programas coordinados cos servizos sociais, intentando conseguir un modelo de atención integral, interdisciplinar e rehabilitador, e articulando respostas centradas no paciente, ao mesmo tempo que se realiza unha xestión eficiente dos recursos”, sinalou.

Pola súa banda, Mato insistiu nese cambio de paradigma do que falaba Mosquera. “Na actualidade non podemos limitarnos a curar”, asegurou, “temos que ir un paso máis aló e a curar engadirlle coidar e previr”. Así mesmo, sinalou que as enfermidades crónicas e as situacións de dependencia son a primeira causa de demanda asistencial, polo que é necesario tomar medidas fronte ao envellecemento da poboación, que é un “problema estructural que pode afectar á sustentabilidad do sistema”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s