ADACECO asiste ao Open de tenis en cadeira de rodas da Coruña

Open Coruña

A Escola de Tenis Marineda, de Cambre, organiza o III Open Internacional Cidade da Coruña de Tenis en Cadeira de Rodas. Desenvólvese do 9 ao 12 de maio nas instalacións da escola, que visitarán na primeira xornada do torneo os usuarios e usuarias de ADACECO.

Ademais dos partidos puntuábeis para o torneo, o Open conta con actividades para diferentes colectivos de discapacidade entre os que está ADACECO. Os seus membros van visitar unha exposición, recibir unha clase de tenis en cadeira de rodas e asistir a unha conferencia. A asistencia aos partidos é aberta.

A visita de ADACECO vai ser este xoves, día 9 de maio. A cita é na sede da asociación ás 10:30, ou nas propias instalacións deportivas (Rúa Lendoiro, 29 – A Barcala – Cambre) desde as 11:00. A inscrición está aberta na asociación.

O calendario e programa de partidos pódese consutar na web do Open.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s