O CERMI denuncia a reforma educativa

Estudantes discapacidade

Plataformas na defensa da escola pública de todo o estado convocan unha folga xeral no ensino para mañá, 9 de maio, á que están convocados pais e nais, alumnos e docentes desde a Educación Infantil á Universidade.

Información extraída do blog No soy asistenta.

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) denunciou que a reforma educativa que prepara o ministerio de Educación ignora os mandatos que en materia de ensino inclusivo impón a España a Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, asinada e ratificada polo noso país.

Pese ás propostas formuladas polo Comité ao Departamento que dirixe José Ignacio Wert para que a reforma da Lei Orgánica de Educación incorpore o modelo de inclusión educativa para persoas con discapacidade esixido pola Convención de Nacións Unidas, a entidade indica que non se entrou na modificación dos aspectos tratados.

O tratado internacional da discapacidade impón aos Estados que os sistemas educativos sexan inclusivos a través de modalidades específicas ou separadas de ensino. España non cumpre con este mandato. Se falamos de educación inclusiva, debemos entender que os alumnos con discapacidade estean integrados en educación ordinaria e non en especial. Actualmente, un 20% do alumnado con discapacidade está escolarizado en modalidades de educación especial. Outro dos aspectos que propón modificar o CERMI é que mentres existan dúas modalidades educativas, ordinaria e especial, a elección sobre a adscripción do alumno ou alumna á educación recaia nos seus pais ou representantes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s