Descobren como aumentar a precisión diagnóstica en casos de ictus

ictus

Información extraída de Europa Press.

Investigadores do Instituto de Investigación Biomédica de Girona (Idibgi) determinaron que o uso da resonancia magnética incrementa a capacidade diagnóstica para detectar o tempo de evolución dun infarto cerebral do tacto corticoespiñal, é dicir, que afecta á mobilidade de brazos e pernas.

E é que o tempo de evolución dun infarto cerebral é de vital importancia para poder aplicar un tratamento e aumentar as posibilidades de recuperación do paciente, segundo expuxo o Instituto nun comunicado.

Así, na maioría dos casos, adminístrase RTPA, un trombolítico eficaz só en pacientes cun tempo de aparición dos síntomas inferior ás catro horas e media, e estudos recentes do Idibgi reflicten que a resonancia magnética permite determinar o tempo transcorrido e valorar se o enfermo é apto para recibir o tratamento.

Esta última investigación, que é pioneira a nivel mundial e foi publicada na prestixiosa revista americana ‘Stroke’, permite ir máis aló, xa que se determinou que o uso da resonancia magnética incrementa a capacidade diagnóstica para detectar o tempo de evolución dun infarto.

Na investigación detectouse que, tras un infarto cerebral agudo, varía o valor da anisotropía -movemento de moléculas de auga- dos axóns do tracto orticoespiñal; así, os ictus que manteñen unha anisotropía elevada (entre 0,7 e 1) no tracto corticoespiñal terán pouco tempo de evolución (menos de catro horas e media) e, xa que logo, a posibilidade de recuperación será superior.

No caso de que o ictus teña un tempo de evolución longo, a anisotropía baixa (entre 0 e 0,7) e o estudo do Idibgi revela que a secuencia de imaxes de resonancia magnética para tensor de difusión permite valorar con fiabilidade os trastornos que sofren os axones.

En definitiva, isto permite determinar con exactitude o tempo de evolución do accidente cerebrovascular e aplicar o tratamento máis adecuado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s